A empresa ourensá Edisa, implantada en toda España, elixe o Parque Tecnolóxico para o seu novo centro polos servizos e o entorno
A empresa ourensá Edisa vén de implantar o seu centro de innovación na Tecnópole. Logo de vintetrés anos de actividade no sector das tecnoloxías da información e das comunicacións, Edisa decidiu concentrar o seu labor en investigación e desenvolvemento (I+D) nunhas instalacións especializadas. Os responsables da empresa aseguran que a elección do Parque Tecnolóxico de Galicia para ubicar o novo centro se debeu ás infraestruturas e aos servizos do recinto e ó entorno empresarial e da cidade.
Edisa foi fundada no ano 1983 en Ourense e conta con outras sés en Madrid, Barcelona, Oviedo, Valencia e Vigo, nas que traballan un total de 180 persoas. Na actualidade, préstalle servizos de software en xestión a medio milleiro de empresas en toda España. Ademais da implantación de solucións de mercado, a empresa galega veu desenvolvendo software propio adaptado ás necesidades dos seus clientes.
O traballo de I+D veuse realizando ata agora nas diferentes ubicacións da empresa. No ano 2004 púxose en marcha o proxecto que culminou hai unhas semanas co inicio da actividade do novo centro de innovación, que a partir deste momento centraliza toda a labor de investigación e desenvolvemento da empresa.
O produto estrela de Edisa é a aplicación integrada de xestión empresarial ‘Libra’, un software propio desenvolvido hai trece anos e que se foi actualizando para dar servizo a cincocentas empresas de toda España, un cento delas galegas. Nel concentrouse todo o esforzo en I+D dos últimos trece anos e foi traducido ao francés, inglés e portugués, dado que moitos dos seus clientes son grandes empresas con unha gran expansión internacional.
No centro de innovación continuarase o perfeccionamento desta ferramenta e traballarase en novas solucións para a xestión empresarial nos ámbitos das relacións comerciais, o apoio á toma de decisións e a mobilidade.
Na Tecnópole
Aínda que a sé fundacional se atopa en Ourense, a central de Edisa atópase en Madrid desde hai quince anos. De tódolos xeitos, os socios da empresa optaron polo Parque Tecnolóxico de Galicia para ubicar o seu centro de innovación, argumentando a súa decisión nas infraestruturas e os servizos do recinto e no entorno empresarial e xeográfico.
Os responsables de Edisa aseguran que a Tecnópole lles ofrece “un marco excepcional” para situar nela o novo centro de innovación. En primeiro lugar, polas infraestruturas e servizos do recinto do concello ourensán de San Cibrao das Viñas, que permiten traballar cun alto nivel de seguridade e unhas elevadas prestacións en telecomunicacións (sistemas de comunicación de banda ampla por fibra óptica, comunicacións inalámbricas e sistemas de voz IP).
Ademais, tívose en conta o tecido empresarial do sector TIC que se formou na Tecnópole e que pode supoñer un importante soporte en materia de colaboración para Edisa.
Por outra parte, valorouse a existencia dun entorno favorable no que se refire ao capital humano, en relación coa oferta formativa existente en Ourense no ámbito das TIC e da xestión empresarial, e no que se refire á calidade de vida, cunhas condicións difíciles de atopar nunha gran cidade, un factor apreciado pola empresa pola súa capacidade de reter ao persoal do centro.

Noemia Ortega (Tecnópole)