Innovación achega máis de 1'6 millóns de euros en axudas ao PEGSI
A Consellaría de Innovación e Industria seleccionou un total de 119 actuacións presentadas por asociacións sen ánimo de lucro, organismos universitarios e entes de apoio a colectivos desfavorecidos como beneficiarias das axudas para a difusión e formación para o desenvolvemento da Sociedade da Información. A listaxe de seleccionadas xa se pode consultar en liña na web da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información e no portal do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI).
A cantidade global das axudas da Consellaría é de máis de 1,6 millóns de euros. Sumando o investimento das asociacións, as 119 iniciativas que se subvencionarán suporán un investimento total de máis de dous millóns.
Aulas de formación
Por liñas de actuación, destaca que 49 entes recibirán axudas públicas para a instalación de aulas de formación e para o equipamento informático das mesmas. A través desta liña de actuación, a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, dependente da Consellaría de Innovación e Industria, repartirá máis de 585.00 euros.
Outros 447.000 euros irán destinados a colaborar na organización de 24 eventos adicados á promoción das novas tecnoloxías. Ademais, 281.000 euros serán investidos en xornadas de formación en TIC destinadas aos empregados das pequenas e medianas empresas do país.
Os cursos dirixidos á cidadanía (120.000 euros), os ciclos de formación para colectivos desfavorecidos (131.000 euros) e as actividades formativas para especialistas en tecnoloxías da información e da comunicación (95.000 euros) completan o listaxe dos proxectos seleccionados.
Aplicación do PEGSI
Cómpre lembrar que a capacitación dos galegos no eido das novas tecnoloxías é unha das liñas clave no Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información, o documento que guía a política da Xunta de Galicia neste ámbito. Así, por exemplo, a liña de apoio á formación para profesionais da Sociedade da Información prevé o apoio á organización e á participación en eventos e cursos de formación do sector, tanto presenciais como virtuais.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia