Innovación e Industria colabora con Puntogal no impulso do dominio galego en Internet
A Consellaría de Innovación e Industria e a Asociación PuntoGal asinan un convenio de colaboración para o impulso do dominio .Gal, no marco das políticas que está a desenvolver o departamento autonómico para promover a Sociedade da Información en Galiza. Baixo este dominio en Internet, poderán rexistrarse aquelas entidades, empresas ou persoas que se expresen en lingua galega e/ou fomenten a cultura do país.
En virtude deste convenio, que será autorizado polo Consello da Xunta, a Consellaría achegará 186.000 euros para a realización de todas as xestións precisas para que o ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers) aprobe o dominio galego. Deste xeito, esta achega será empregada nos gastos ocasionados pola realización de traballos técnicos e os custos que o propio ICANN impoña para poder presentar a candidatura galega. De igual xeito, contrataranse os servizos de apoio técnico e de apoio de carácter administrativo para a candidatura, e editaranse os materiais promocionais necesarios.
Asemade, garántese a presenza da Asociación PuntoGal nos eventos internacionais promovidos polo ICANN (Encontros de Lisboa, San Xoan de Porto Rico ou Os Ánxeles, por citar algúns exemplos) e a contratación de stands dentro da campaña promocional do dominio galego.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia