Innovación achega 5 millóns de euros ao desenvolvemento da sociedade da información no tecido industrial
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, presentou as axudas que o seu departamento destinará durante o 2008 para empresas en materia da Sociedade da Información, cunha contía total que ascenderá a 5.000.000 de euros, un 66,6% máis de orzamento que no exercicio anterior. Ademais, tal e como explicou o conselleiro, “hai que salientar outra mellora máis con respecto a 2007, consistente en que as axudas poderán acadar ate o 70% dos investimentos subvencionables fronte ao 50% do ano anterior”.
O obxectivo destas axudas é o desenvolvemento da Sociedade da Información en Galiza a partires da cohesión territorial e social e aproveitalo de xeito máis adecuado para o noso propio sector das TIC “mellorando así a competitividade das nosas empresas, en especial das PEMES”. Grazas a estas axudas, o departamento dirixido por Fernando Blanco poderá potenciar deste xeito a introdución das TIC naqueles segmentos que presentan maiores dificultades, e que dada a estrutura empresarial galega son maioritarios xa que, segundo o tamaño das empresas, adicionarase outro 10% para as medianas empresas ou 20% nas microempresas e pequenas empresas.
Estes 5 millóns de euros estarán repartidos en catro apartados de actuación: A primeira nomeada ‘Infraestrutura Interna das empresas para a Sociedade da Información’, na que as actuacións que se beneficiarán destas axudas son todas aquelas destinadas á adopción e utilización máis eficiente por parte das empresas de melloras substanciais nos sistemas de información, independentemente do seu sector económico, aínda que con especial referencia ás empresas do sector audiovisual, nas que se inclúen a implantación ou mellora da rede de datos internos dos negocios (incluído o acceso a internet) e investimentos en bens de equipo que muden de xeito importante a capacidade tecnolóxica ou consoliden procesos de implementación de tecnoloxías emerxente no sector. Este apartado contará con 750.000 euros de presuposto.
O segundo capítulo nas axudas é ‘Aplicacións informáticas nas empresas para a Sociedade da Información’ que se destinará a implantar aplicacións informáticas baseadas en código aberto e a adquisición de aplicacións de carácter produtivo, para o que se destinarán máis da metade dos fondos destas subvencións, 2.750.000 euros. A terceira liña, ‘Apoio ao desenvolvemento do sector das TIC’, diríxese ás empresas que desenvolven a súa actividade económica especificamente no ámbito das tecnoloxías da información e as telecomunicación, para que poidan xerar novos produtos e servizos mediante o desenvolvemento de aplicacións informáticas baseadas en código aberto e desenvolvendo novos produtos e servizos TIC que están suxeitos ao seu pago por uso. Para todas estas actuacións se destinará 1.000.000 de euros.
Ademais de servir como fondo de investimento para a consecución de novos produtos, estas axudas tamén estarán destinadas á formación técnica e promoción do sector facilitando a presenza dos profesionais en foros especializados de comercialización, formación tecnolóxica e estandarización, así como a asistencia a cursos de formación específica e especializada nos medios de produción necesarios para o desenvolvemento da súa actividade. Este apartado contará cunha dotación de 500.000 euros.
Con estas medidas preténdese estender o uso das TIC polas nosas empresas e contribuír ao propio desenvolvemento do sector galego da Sociedade da Información, “dous elementos importantes á hora de facer que a nosa economía sexa cada días máis competitiva e forte”, segundo explicou o conselleiro Fernando Blanco, quen destacou que os últimos datos dispoñibles sobre a Sociedade da Información indican unha evolución positiva das variábeis en Galiza. Así, subliñou que en 2006 o 66,8% das empresas galegas de máis de 10 empregados dispoñían de rede de área local (un 24% máis que en 2004) e tamén que o 90% deste tipo de empresas dispoñen de internet, na súa maior parte con acceso a banda larga, o que representa un crecemento con respecto a 2004 do 7,8%). De igual xeito, Fernando Blanco destacou que o sector galego das TIC medrou entre 2004 e 2007 un 27,5% en número de empresas até alcanzar as 1.482.
Estas subvencións están encadradas dentro das estratexias ‘Aplicación das TIC polo Tecido empresarial’ e ‘Desenvolvemento do Sector Empresarial da Sociedade da Información’, que se recollen ámbolas dúas no Plano Galego da Sociedade da Información (PEGSI).

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia