O 31 de xaneiro constitúese o Clúster TIC Galicia
Desde EGANET estamos seguros e convencidos de que esta constitución será de vital importancia para todo o sector e estamos satisfeitos de ter conseguido que nas negociacións e acordos, se incluíran as particularidades e necesidades das empresas asociadas a EGANET. Un xeito de traballar, visualizar e defender as empresas que desenvolven “CONTIDOS” dan “SERVICIOS” é en definitiva están traballando para achegar a Sociedade da Información o tecido empresarial galego.
ESCOLMA DE ARTIGOS DA PROPOSTA DE ESTATUTOS DO CLUSTER TIC GALICIA
Artigo 7: Definición de empresas TIC
A efectos do estipulado nestes estatutos, considerase empresa TIC
Empresas dedicadas á creación de produtos ou prestación de servizos de software, hardware, internet, telecomunicacións, infografía, mensaxería electrónica, multimedia, redes de mantemento, consultoría, formación, creación e distribución de contidos, e demais actividades presentes e futuras relacionadas directa ou indirectamente cas tecnoloxías da información e as comunicacións.
Artigo 2: Misión
O Clúster TIC de Galicia crease para actuar como un organismo
asociativo no que participan as empresas, os profesionais, a
administración e outros axentes relacionados coas TIC co obxectivo de desenvolver estratexias para facilitar o asentamento das empresas TIC en Galicia e o acercamento á sociedade das tecnoloxías da información e a comunicación, a innovación baseada na xestión do coñecemento, a implantación de servizos avanzados que aproveiten a converxencia, como elementos de gran importancia para competir no contexto dun mercado global.
Artigo 5: Obxectivos e fins
Constitúe o obxecto do Clúster a relación e cooperación entre as
entidades asociadas ao Clúster TIC de Galicia, para acadar un maior nivel de competitividade e na defensa xeral dos seus intereses e os intereses do sector das TIC, con especial incidencia nos seguintes aspectos e obxectivos:
· Desenvolver as accións que máis potencien as capacidades de produción e comercialización das empresas asociadas ao Clúster.
· Xerar mercados de alianzas entre as empresas co dobre
obxectivo de elevar o nivel competitivo dos produtos e servizos
galegos nos mercados estatais e internacionais e de ofrecer a
participación nos mesmos a todas as empresas TIC membros do Clúster.
· Establecer convenios de financiamento para os produtos e
servizos desenvolvidos no seno do Clúster.
· Favorecer o desenvolvemento tecnolóxico das empresas membros do Clúster.
· Facilitar un maior grao de difusión, promoción e posicionamento dos produtos e servizos galegos nos mercados.
· Optimizar a dotación e uso das infraestruturas, instalacións, equipos e servizos precisos para o desenvolvemento e competitividade do Clúster.
· Potenciar o mercado de traballo estimulando a cualificación dos recursos humanos e profesionais das empresas membros.
· Contribuír ao interese xeral, coa promoción da sociedade da información e dos produtos e servizos tics galegos.
· Representar ao sector TIC galego ante Institucións,
Administracións e Medios de Comunicación.
· Promocionar o asociacionismo empresarial TIC
Artigo 6: Principios
O Clúster velará polo cumprimento dos seguintes principios:
A ÉTICA PROFESIONAL.- A ética profesional para superar o contorno do legalmente establecido e xerar un marco de comportamento e condutas profesionais do máis alto nivel.
A PROMOCIÓN PERSOAL.- A promoción das persoas vista no sentido de ter sempre presente que as accións nos ámbitos profesionais e sociais teñen como fin último a satisfacción e o desenvolvemento da cidadanía implicada.
O COMPROMISO SOCIAL.- O Clústerestá comprometido co desenvolvemento social xeral a través da promoción da xeración de emprego, de valor engadido e de novas actividades, industrias, produtos e servizos.
COMPROMISO CO MEDIO NATURAL E DESENVOLVEMENTO SOSTIDO.- O compromiso co medio natural e o desenvolvemento sostido como medios de transmisión da nosa herdanza natural ás próximas xeracións.
COMPROMISO NO ÁMBITO DA RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL.-O Clúster vixiará e impulsará entre as entidades asociadas, e no ámbito xeral das empresas TIC, a implantación de boas prácticas en igualdade de xénero, conciliación coa vida familiar, corresponsabilidade e relacións laborais nas que o diálogo e o consenso sexa o método habitual de relación e de resolución de conflitos.
XERACIÓN DE SATISFACCIÓN A TRAVÉS DO TRABALLO.- O Clúster impulsará o acceso ás máis altas cotas de satisfacción persoal e profesional a través do exercicio permanente das mellores capacidades profesionais que xeren razoables marxes de negocio e que permitan a consolidación e crecemento ordenado da actividade, como contraposición ao exercicio de accións especuladoras.

Eganet