Frances Allen, única muller Premio Turing, achega o mundo da computación ao público compostelán
“As mulleres volverán a interesarse pola Ciencia da Computación cando esta sexa esencialmente relevante para a sociedade”. Con esta contundencia falaba nun encontro cos medios a científica Frances Elizabeth Allen, que se atopa estes días en Santiago para participar no Programa ConCiencia. Allen, premio Turing 2006, é a primeira muller que se incorpora á galería de personalidades que pasaron por Compostela ao abeiro do programa organizado pola USC en colaboración co Consorcio de Santiago e o apoio da Fundación Caixa Galicia.
Allen xustificaba así a escasa presenza da muller no eido da investigación en computación a pesares de mostrarse esperanzada en que as modernas formas de vida, con novos campos de traballo “máis atractivos” e flexibilidade horaria, propicien unha volta da muller a este campo científico achegándolle “un maior pragmatismo”.
O momento actual é “de inflexión” para a computación, explicou, en tanto que a capacidade de comunicación e de computación se están fusionando e así “mellorando a súa utilidade”. Subliñou tamén que as novas tecnoloxías derivadas da computación son cada vez máis baratas, o que permite unha maior accesibilidade a estas das persoas con menos recursos. Avanzou a este respecto que na actualidade, entre outras investigacións, se están explorando novas posibilidades de alimentación enerxética dos equipos –“a solar, por exemplo”, matizou- para, precisamente, “incrementar esa accesibilidade en zonas deprimidas do planeta”.
A que en 2006 foi merecedora do Turing -considerado o Nobel no eido das Ciencias da Computación- reuniuse na mañá deste mércores con investigadores de diversos Departamentos das Universidades de Santiago e A Coruña para intercambiar experiencias e ofrecerlle consellos que lles orienten na súa carreira científica.
Conferencia pública
O acto central da súa visita é o xoves día 30, coa conferencia ‘Unha peregrinación polas altas sendas da computación’ que terá lugar ás 20:00 horas no Centro Sociocultural da Fundación Caixa Galicia. Esta intervención, con tradución simultánea, está aberta a todo o público interesado.
Á marxe dos seus éxitos científicos, Frances Allen tense distinguido polo seu traballo a prol do acceso da muller á ciencia, especialmente nos eidos da enxeñaría e a computación onde a súa presenza segue a ser minoritaria. Este esforzo por unha maior visibilidade da muller na ciencia deixarase notar o venres 31 cun coloquio con investigadoras, ás 12:30 horas na Escola Técnica Superior de Enxeñaría. Organizado pola Unidade Muller e Ciencia, participarán entre outras a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, a vicerreitora de Investigación e Innovación e a secretaria xeral de Igualdade.
Frances Elizabeth Allen
Frances Elizabeth Allen (EE.UU, 1932) foi merecedora do Premio Turing “polas súas contribucións que melloraron fundamentalmente o rendemento dos programas de computador e aceleraron o uso de sistemas de computación de alto rendemento”. O Premio, que leva o nome do matemático británico pai teórico da ciencia computacional e a intelixencia artificial, é outorgado dende mediados dos anos 60 a aquelas persoas que, nomeadamente, “fagan contribucións que perduren no tempo e sexan de natureza técnica vital para a comunidade das ciencias da computación”. Nas súas máis de corenta edicións só foi concedido a unha muller, Frances Elizabeth Allen.
Dende o prestixioso IBM Thomas Watson Research Center, Allen puxo as bases teóricas e prácticas das técnicas de optimización automática en compiladores (a parte do computador encargada de traducir as instrucións dun programa a códigos entendibles polas máquinas) e a extracción automática de paralelismo (realización dunha tarefa repartida en procesos feitos ao mesmo tempo). Ademais, definiu unha serie de técnicas que se seguen utilizando nos compiladores actuais e que contribuíron a aumentar a súa eficiencia.
Programa Conciencia
Difundir entre a cidadanía a importancia que merece o saber científico como unha forma máis de cultura, ao tempo que intercambiar coñecementos entre a comunidade científica galega e as personalidades máis sobresalientes do ámbito internacional, é o obxectivo do Programa ConCiencia que dende 2006 trouxo á cidade a persoeiros da máxima relevancia científica, todos eles Premios Nobel ou equivalentes nas súas respectivas disciplinas.
Xunto a Allen, completarán o Programa ConCiencia 2008 os premios Nobel de Química en 2001, Karl Barry Sharpless, e de Física en 1999, Gerardus ‘t Hooft, que impartirán ao longo deste último trimestre do ano cadansúa conferencia divulgativa e manterán diversas reunións con investigadores. Esta nova edición xa comezou antes do verán coa visita do Nobel de Medicina en 1989, Harold Varmus, o pasado mes de maio.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)