Galicia lidera a investigación estatal sobre a sinatura electrónica avanzada
O consorcio formado polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), o Grupo de Tecnoloxías da Información da Universidade de Vigo e liderado pola empresa ALDABA, está en condicións de presentar nos próximos meses o proxecto denominado iSEC -Infraestrutura de Sinatura Electrónica Cualificada-, alcanzando conclusións que sitúan a Galiza no escenario estatal e internacional da seguridade das Tecnoloxías da Información baseada na Certificación Dixital. A investigación levada a cabo permitiu conxugar nun único obxectivo diferentes planos tecnolóxicos e achegar o plano electrónico á realidade dos procesos de sinatura manuscrita e os seus aspectos legais.
Tras máis de dous anos de intensa investigación cofinanciada polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, o consorcio galego finalizou o estudo, deseño e desenvolvemento dunha Infraestrutura de Sinatura Electrónica Cualificada. Este novo software está baseado sobre a tecnoloxía de Infraestrutura de Xestión de Privilexios, a plataforma de validación de Certificados para múltiples Autoridades de Certificación e unha Autoridade de Selado de Tempo que utiliza varias fontes de tempo como o GPS ou a rede nova satelital Galileo. O software desenvolvido permite a súa doada inclusión en aplicacións que necesitan control de autorización así como o ámbito de xestión corporativo.
Aplicación
Coa implantación do DNI electrónico, a tecnoloxía de sinatura electrónica poderá dar un salto significativo para a súa utilización na prestación de servizos dixitais seguros e confiables. Non obstante, a tecnoloxía incluída no DNI electrónico só permite a identificación do asinante pero non o cargo, autorización ou rol dentro dunha institución. É por iso que o proxecto ISEC abordou o desenvolvemento dunha infraestrutura orientada á prestación de servizos de valor engadido ás empresas e institucións que permita:
1º. - a Certificación de Rol como complemento necesario da certificación de identidade. O devandito mecanismo permite reflectir no proceso de sinatura (e validar nunha verificación posterior) a identidade do asinante e o rol no que exerce esa sinatura.
2º. - O selado de tempo como mecanismo de protección básico. O devandito mecanismo permite reflectir no proceso de sinatura (e validar nunha verificación posterior) que un documento xa existía nun instante temporal concreto.
3º. - A verificación de forma sinxela e fiable dos dous elementos anteriores.
Solucións reais
A solución proposta polo proxecto ISEC foi probada de forma efectiva en varios casos prácticos de uso real, demostrando a súa flexibilidade e facilidade de uso. En concreto, desenvolvéronse módulos para:
1) Asinar documentos onde o asinante teña un Rol CUALIFICADO por unha Entidade superior e que inclúa a data de sinatura de forma confiable. Esta tecnoloxía pode ser empregada en campos como:
- Sanidade: Facultativos (cualificados polo Colexio Médico)
- Enxeñaría: Enxeñeiro (cualificado polo Colexio correspondente)
- Empresa: Dtor. Financeiro (cualificado pola Organización)
2) Sinatura cualificada de documentos en formato XML. Esta funcionalidade facilita a prestación de servizos dixitais interactivos como:
- Solicitude de Servizos e Acceso aos mesmo a través de WEB
- Utilización de servizos externos contratados por unha empresa, grazas a estar
autorizado pola Organización á que se presta o servizo.
3) Acceso seguro a servizos de computación, incluída a identificación baseada en rol e a autorización baseada en políticas (segundo o estándar XACML) xestionadas directamente pola organización á que pertence o usuario.
Esta solución, que se presentará nos próximos meses como produto comercial, pretende chegar ás administracións públicas en primeiro lugar e ao mercado empresarial, para finalmente difundir o proceso de sinatura electrónica a toda a poboación.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia