O CEIG divulga en Ourense as vantaxes da sinatura electrónica
As charlas, abertas ao público en xeral, están orientadas especialmente a estudantes de Enxeñaría e Enxeñaría Técnica en nformática, así como a alumnos de Dereito.
Esta é a derradeira das sesións que, durante tres mércores consecutivos, abordaron a informática desde un punto de vista legal. O
obxectivo dos organizadores é, por unha banda, introducir os enxeñeiros
asistentes nos aspectos xurídicos que afectan ao exercicio da profesión
informática e, por outra, que os futuros xuristas obteñan unha mellor
perspectiva da informática e de como as cuestións legais inciden nunha
profesión cada día máis indispensable na sociedade. Deste xeito, Juan Valiño, xefe de Área de Sistemas e Comunicación da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, ademais de secretario do CPEIG, explica o mércores 29 de abril, a partir das 17.00 horas, os diferentes elementos legais e técnicos relativos á sinatura electrónica. Aída Riobó Fernández, vicepresidenta de OPICO na Facultade de Dereito, será a encargada de presentar o conferenciante.
AUTENTICIDADE, CONFIDENCIALIDADE E INTEGRIDADE
A sinatura electrónica, un dos usos da certificación dixital, garante, por
unha banda, a identidade do remitente ou autor; por outra, que o seu contido non sexa visualizado por terceiras persoas non autorizadas e, ademais, que non sexa modificado con posterioridade ao seu envío. As tres características sinaladas denomínanse autenticidade, confidencialidade e integridade, respectivamente. Deste xeito, a sinatura electrónica permite realizar transaccións dixitais garantindo a identidade dos axentes que interveñen e o contido mesmo das transaccións, polo que representa un aval de seguridade.
Esta tecnoloxía permite, por exemplo, certificar o remitente dun correo
electrónico, garantir a identidade das persoas que interveñen nunha
transacción económica ou axilizar a solicitude dunha subvención ou mesmo a declaración do IRPF mediante a web. Segundo o CPEIG, as vantaxes da sinatura dixital teñen un gran potencial no eido da e-administración, posto que mediante ela se transforman as oficinas tradicionais baseadas en procesos sobre papel en procesos electrónicos a partir de formularios web que permiten a “oficina sen papeis”, coa conseguinte mellora na produtividade e simplificación das actividades que teñen lugar no día a día nas diferentes organizacións.
Na práctica diaria, a sinatura e certificación dixitais aínda están en
período de implementación e namentres que as distintas administracións
públicas apostan decididamente por estas tecnoloxías, no eido privado o seu desenvolvemento está menos acelerado.
NOMES DA DIRECTIVA
Con sede en Santiago de Compostela e con 300 asociados ata o
momento, a directiva do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia constitúena: Fernando Suárez Lorenzo, presidente; Hernán Vila Pérez, vicepresidente; Juan Antonio Valiño García, secretario; María Pilar Dolores Quiñoá López, tesoureira; Ángel Fernández Gándara, vicesecretario; Xosé Antón Campos Silva, vicetesoureiro; Ramón Paz Buján, vogal 1; Miguel Ángel Molinero Álvarez, vogal 2; Eva Marcos Doldán, vogal 3; e Francisco Bago Castro, vogal 4.

SumaComunicación