Quobis Networks celebra o seu primeiro webinar o 7 de outubro
A empresa TIC Quobis Networks, que ten o seu laboratorio técnico no Parque Tecnolóxico de Galicia, celebra o seu primeiro webinar (presentación tecnolóxica on-line) o 7 de outubro. O encontro virtual tratará sobre a aplicación das tecnoloxías WiMAX Mobile a redes profesionais.
WiMAX é unha tecnoloxía de comunicacións sen fíos que mellora e complementa as capacidades da tecnoloxía WiFi, de forma que é capaz de prover de conectividade a internet en grandes áreas de cobertura.
No ‘webinar’, segundo explica Iago Soto, director de márketing da empresa, “trataremos desde un enfoque técnico pero introdutorio as características da tecnoloxía WiMAX en comparación con outras tecnoloxías de mobilidade como Tetra, 3G, etc”. O obxectivo é presentar WiMAX como a tecnoloxía idónea para usos profesionais (redes de policía, seguridade/emerxencias, transportes públicos, etc.), superando os usos tradicionais de dar acceso a internet en zonas rurais ou similares.
O evento tecnolóxico on-line, un formato moi estendido en Estados Unidos pero que en Europa aínda é incipiente, terá lugar ás cinco da tarde e durará arredor dunha hora. Esta modalidade permite acceder á audiencia desde unha conexión a internet convencional e, polo tanto, sen custos de desprazamentos, vendo a presentación e recibindo o audio da conferencia directamente desde a web. Desde Quobis Networks, que se estrea neste tipo de eventos, enténdese “que isto será unha aposta da nosa empresa para acceder a novos mercados”, expón Soto.
A elección do horario débese á vocación internacional da presentación, na que se espera a internautas sudamericanos, dado que a empresa está especialmente ben posicionada neste mercado, “onde traballamos no deseño de redes e temos algunha solución innovadora, como unha que permite a transmisión de vídeo en mobilidade orientada á videovixilancia móbil”, engade o responsable de márketing de Quobis.
A información sobre o evento está dispoñible en www.quobis.com.
Quobis Networks
Quobis Networks é unha empresa privada galega de enxeñería de telecomunicacións, que presta servizo a operadores, administracións públicas e grandes empresas no ámbito das novas redes de comunicacións. Quobis dispón dun equipo técnico de enxeñería, implementando solucións chave en man co apoio dos fabricantes líderes para prover de servizo e soporte aos seus clientes. A empresa ten as súas oficinas centrais no Porriño (Pontevedra), un laboratorio técnico en Tecnópole (Ourense) e unha delegación comercial en Alcobendas (Madrid.).

Sandra Domínguez (Quobis Networks)