Aberta a inscrición para participar no xogo en-liña de Consumópolis 5
O Instituto Galego de Consumo (IGC), adscrito á Consellería de Economía e Industria, vén de publicar na súa páxina web as bases do acceso para inscribirse no xogo “Consumópolis 5: E ti de que vas?: A min mólame o consumo responsable”.
O xogo consiste nun percorrido pola cidade de Consumópolis, á que se accede premendo no logo que figura na web do IGC. Consiste en ir resolvendo diversas probas de carácter pedagóxico e lúdico, tanto de forma individual como en equipo, que se presentarán aos participantes ao longo do percorrido. As instrucións para a participación están recollidas nas bases que figuran publicadas na páxina do IGC.
A realización do xogo en-liña por cada un dos cinco compoñentes do equipo, permitirá a participación na fase autonómica, que se convocará no vindeiro mes de febreiro mediante o Diario Oficial de Galicia e na que se establecen premios para cada unha das categorías de participación, e na fase nacional, na que representarán á Comunidade Autónoma de Galicia os primeiros clasificados de cada unha das categorías.
Neste xogo realizado en-liña poderán inscribirse todos aqueles equipos, constituídos por cinco alumnos de idades comprendidas entre 10 e 16 anos, coordinados por un profesor, que estiveran inscritos previamente e que remataran a fase de xogo en-liña realizada a través da páxina web do Instituto Galego de Consumo (www.igc.xunta.es) /escola galega de consumo/concursos e certames.
As categorías nas que se pode participar son: 3º ciclo de Educación Primaria, 1º e 2º curso da ESO, 3º e 4º curso da ESO. Cada docente-coordinador recibirá unha comunicación vía electrónica da inscrición dos equipos que coordine, que deberá ser ratificada pola mesma vía. Os concursantes aparecerán en todo momento na páxina de Internet co nick elixido para preservar o anonimato e o período de inscrición no xogo estará comprendido entre o 13 de outubro e o 30 de novembro de 2009, ambos inclusive.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia