Víctor López, novo presidente de Eganet
As 55 empresas TIC que integran a Asociación de Empresas Galegas adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (EGANET), elixiron esta tarde en asemblea os membros da xunta directiva que levará as rendas da asociación durante os dous próximos anos. O novo presidente de EGANET é Víctor López, da empresa AVA Soluciones Tecnológicas, de Teo, que substitúe no cargo a Beatriz Legerén, da empresa viguesa Interacción, quen levaba catro anos á fronte da asociación de empresas TIC galegas.
Acompañarán a Víctor López na nova directiva de EGANET, como vicepresidente 1º, Daniel Cerqueiro, da empresa Galinus, de Corcubión; como secretario, Alejandro Lamas, de Soluciones y Proyectos de Información –Sixtema- (Santiago de Compostela); e como tesoureiro, Carlos García, de Isenda Telemática (Arteixo). Completan o equipo Ricardo Álvarez, da empresa Netex Knowledge Factory, localizada en Oleiros, que ocupará a Vicepresidencia 2ª; e Iván Fociños (Hospedaxes, da Coruña) e Pablo López (Hacce Soluciones TIC, de Vigo), como vogais de Formación e Comunicación, respectivamente.
Segundo asegurou o novo presidente na asemblea xeral, a etapa que entra consolidará o labor desenvolto pola anterior xunta liderada por Beatriz Legerén e afrontará os novos retos establecidos na súa candidatura para este mandato. Recalcou que a anterior xunta, da que xa formaban parte Daniel Cerqueiro e o propio Víctor López, conseguiu para EGANET unha maior proxección social e representatividade, cun importante incremento da base de empresas socias -un 30% máis nos últimos dous anos-. A asociación máis veterana do sector TIC galego cumpre este 2010 os 10 anos de vida.
Emprendedor e investigador en novas tecnoloxías
O novo presidente de EGANET é licenciado en Ciencias Físicas. Emprendedor en TIC dende o remate dos seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela, cofundou en 2002 a empresa AVA Soluciones Tecnológicas, na que é consultor de desenvolvemento de negocio e responsable de proxectos. Previamente desenvolveu labores de xestión técnica da rede de telefonía móbil da Xunta, para a empresa Telefónica Servicios Móviles.
Poñente en diversos congresos de novas tecnoloxías, Víctor López é membro do grupo de Turismo da plataforma tecnolóxica VINDEIRA e participou como investigador principal en proxectos de investigación no eido de turismo e TIC, con indagacións nas tecnoloxías de personalización e web semántica aplicadas a centrais de reservas; así como noutros campos de estudo como o dos servizos de banda ampla en zonas non urbanas, antenas de altas prestacións de radiación toroidal para aplicacións WLAN ou “Sensor-Software Integrated Network”, proxectos desenvoltos en colaboración coa USC e universidades internacionais como a de Perugia e a napolitana Federico II.
Especialización, crecemento, cooperación e apoio a novos emprendedores
O xa presidente de EGANET expuxo perante a asemblea xeral da asociación, conformada por 55 empresas do sector TIC, as liñas de actuación trazadas pola nova xunta directiva para os dous vindeiros anos. Serán prioritarias, dixo López, a cooperación e a busca de alianzas estratéxicas con distintas entidades para desenvolver proxectos tecnolóxicos, ampliar os servizos ás empresas socias, aumentar as oportunidades de negocio para as empresas, facilitando o seu crecemento e especialización.
A creación de sinerxías entre as empresas socias favorecerase, explicou, mediante varias ferramentas que se materializarán neste mandato como un catálogo de competencias profesionais TIC, unha plataforma de intercambio de servizos entre as empresas socias e a publicación de guías editoriais con información sobre solucións TIC. EGANET apostará tamén pola fórmula dos consorcios, colaboracións entre empresas para a comercialización de produtos que poidan confluír en ámbitos sectoriais concretos.
Un dos principais obxectivos da nova etapa será apoiar as novas empresas que xurdan no ámbito das novas tecnoloxías. Víctor López subliñou a proposta de crear un programa de tutorización aos emprendedores de proxectos de nova creación ou incluso en fase de creación que precisen consello e apoio nos temas nos que as empresas de EGANET son expertas.
Premios EGANET e integración das TIC
Por outra parte, a asociación seguirá convocando os galardóns referentes do sector TIC en Galicia, os Premios Eganet, o evento de maior repercusión desenvolto pola asociación que celebra este ano a VII edición, e pretende seguir contribuíndo en varias frontes ao achegamento das TIC á sociedade: centros de ensino, colectivos con risco de exclusión social, visibilización da muller no sector, entre outras.
Recoñecemento a Beatriz Legerén
Finalmente, a vicepresidenta de EGANET até o momento, Luz Castro (Imaxin Software), interveu perante a asemblea para facer un agradecemento explícito “á persoa que máis fixo pola asociación nos últimos anos”, Beatriz Legerén. Os socios de EGANET recoñeceron desta maneira o traballo e a dedicación da anterior presidenta, Beatriz Legerén, quen durante catro anos “puxo en todo momento o ben da asociación por riba de calquera outro” en aras da profesionalización de EGANET e da mellora dos servizos para as empresas socias.

Suma Comunicación