A Xunta apoia a experiencia piloto do e-voto nas eleccións da USC
A Universidade de Santiago vai desenvolver un Plan Piloto de Votación Electrónica durante as vindeiras Eleccións 2010. Concretamente, este plan aplicarase no proceso para a elección de representantes nos Consellos de Departamento. As particularidades do plan piloto presentáronas hoxe en rolda de prensa a secretaria xeral da USC, Isabel García-Rodeja; o subdirector xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información, Cristóbal Varela, en representación da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica; o presidente da Comisión Electoral Central, Gumersindo Villar Casas; e o secretario xeral adxunto da USC, Carlos Gómez Otero.
Voto electrónico
O proxecto piloto desenvolverase nun total de 55 departamento da USC que se apuntaron para participar nesta experiencia. Os sistemas electorais en liña pretenden facilitar os procesos de votación mellorando deste xeito a participación. Concretamente, o voto electrónico consistirá na emisión de sufraxios a través dun dispositivo telemático utilizando identificación electrónica. O sistema “permitirá a emisión de votos a través das redes de datos de forma totalmente segura”, sinalou Carlos Gómez Otero.
Pola súa banda, a secretaria xeral da USC subliñou a importancia que ten o desenvolvemento desta plan ao permitir acumular experiencia nun eido de grande complexidade na Universidade, pola cantidade de votantes chamados en cada proceso e pola diversidade de procesos electorais para os distintos órganos de representación universitarios, “cunha media, na actualidade, de un proceso electoral anual”, lembrou Isabel García-Rodeja.
Proceso de votación
Antes de votar, o usuario terá que autenticarse mediante un sistema de usuario e contrasinal ou PIN que lle proporcionará a Universidade. Nalgúns casos, e para futuras experiencias, tamén poderán utilizarse certificados de sinatura avanzada. Logo accederase á plataforma de voto electrónico que presentará as distintas opcións de elección.
Con anterioridade a saír da aplicación de votación, aparecerá na pantalla un recibo de voto que se poderá imprimir permitindo comprobar que o voto sexa contabilizado cando se publiquen os resultados. En ningún caso será posible rastrexar o emitido a través deste xustificante.
O segredo e a integridade do proceso conséguese por operacións de cifrado de punta a punta, dende o computador onde se exerce o voto ata a mesa electoral. Para garantir a privacidade, sepáranse os datos confidenciais ao romper a correlación entre a identidade do votante e o voto descifrado, levándose a cabo nun servidor illado e fisicamente seguro.
O sistema tamén permite previr a emisión de votos múltiples por un mesmo votante. Para elo, a base de datos co censo electoral indica os electores que xa exerceron o seu dereito para así impedirlles facelo de novo. Ademais a mesa electoral verifica as sinaturas nos votos cifrados antes de descifrar e facer o reconto, identificando hipotéticas duplicidades.
O voto electrónico no proceso para a elección de representantes aos Consellos de Departamentos poderá realizarse no período de voto anticipado (os días 29 e 30 de abril ou o 3 de maio) e durante a xornada de votación establecida na convocatoria electoral, entre as 10:30 e as 18:30 horas.
O voto poderá emitirse dende calquera dispositivo conectado a Internet, podendo habilitarse unha ou varias cabinas electrónicos nos propios centros. Os electores terán que conectarse a través da secretaria virtual ou a unha dirección electrónica.
Vantaxes
O voto electrónico ofrece unha maior comodidade ao evitar desprazamentos, ademais de que se realiza dende unha plataforma fácil de usar e deseñada para previr erros involuntarios no proceso de votación. O sistema asegura unha total transparencia dos procesos na medida en que se poden auditar por terceiras partes.
Xornadas de difusión
Para dar a coñecer o alcance do plan, a USC celebra este xoves unhas xornadas de difusión que se desenvolveron tanto no Campus de Santiago como no de Lugo. Nelas explicarase o proceso que estudantes, persoal de administración e servizos, e docente e investigador deberán seguir para exercer o seu dereito a través dos novos medios electrónicos garantindo a plena validez do seu voto.
Colaboración institucional
O desenvolvemento deste plan conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica que asinou un convenio coas Universidades galegas por un importe de 150.000 euros para a adquisición dunha plataforma de voto electrónico única dirixida ao conxunto da comunidade universitaria de Galicia.
Con esta colaboración búscase facilitar a participación universal e en condicións de igualdade e de seguridade nos procesos electorais universitarios e servir de experiencia para a utilización deste sistema en procesos electorais xerais.
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica está a executar o Plan de acción para o desenvolvemento da Sociedade da Información no 2010, que identifica as liñas de acción prioritarias na estratexia da Xunta de Galicia neste eido, no que ten unha especial relevancia a mellora dos servizos públicos a través do avance na eAdministración.
Neste contexto, a administración autonómica considera “de grande importancia que o alumnado da educación superior ademais de adquirir competencias nas súas disciplinas académicas, tamén posúa unha cultura cidadá avanzada”, subliñou Cristobal Varela. Engadiu o subdirector xeral que a universidade convértese así no xerme dos futuros administrados, “de tal modo que se a súa relación habitual na universidade é a vía telemática, esta será a canle preferida no futuro para interactuar coa Administración”.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)