A Secretaría Xeral de Modernización promoverá o uso do software libre
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica pon en marcha o Plan de Acción 2010 en materia de software libre e de fontes abertas (FLOSS), que contribuirá a transmitir unha imaxe do FLOSS asociada ao bo funcionamento do mesmo e á calidade, adoptará medidas para poñer a disposición da sociedade e do tecido empresarial software libre propiedade da Administración e axudará a coordinar a todos os axentes que compoñen o ecosistema galego do FLOSS. Así llelo explicaron esta mañá a responsable deste departamento autonómico, Mar Pereira, xunto co subdirector xeral de Infraestruturas e Telecomunicacións, Adrián Lence, e o subdirector xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información aos representantes das Asociacións Galegas de usuarios de Software Libre (AGUSL), de empresas (AGASOL) e das universidades galegas.
O departamento de Innovación Tecnolóxica desenvolve este plan, dotado con 800.000 euros no 2010, tras constatar a necesitade de aunar esforzos aproveitando mellor os fondos públicos destinados á promoción do software libre e de fontes abertas para acadar un maior uso destas aplicacións na Administración, na cidadanía e nas empresas galegas. Con este obxectivo o plan contempla 21 accións que desenvolverá a propia Administración autonómica e outras 60 en colaboración coas asociacións de usuarios e empresas de software libre e as tres universidades.
Liñas de acción
O Plan de Acción 2010 en materia de software libre e de fontes abertas estrutúrase en torno a tres liñas de atuación: impulsar unha oferta de solucións baseadas en Floss de calidade, facendo fincapé en dar resposta a sectores estratéxicos; promover a implantación efectiva dos estándares abertos, que permitan a coexistencia con aplicativos de software propietario e fortalecer os mecanismos de formación e difusión dos modelos de software libre e fontes abertas e as súas vantaxes competitivas.
As accións do plan estanse a iniciar no 2010 e teñen percorrido en anos sucesivos, enmarcadas nas liñas de traballo do Plan Estratéxico Tecnolóxico Global da Xunta de Galicia. Estas actuacións están catalogadas segundo as liñas xerais tratadas inicialmente na reunión mantida o 30 de xullo de 2009 cos axentes implicados e desenvolvidas en xuntanzas posteriores, nas que se definiron as áreas de interese e iniciativas a impulsar nesta materia.
Pequenas e medianas empresas
O Plan ten entre as súas finalidades achegar o FLOSS ás pemes cun dobre obxectivo, por unha banda, posibilitar o desenvolvemento da industria galega TIC do software cunha oferta de servizos baseado en software libre e de fontes abertas e, por outra, darlle a coñecer a industria non TIC as posibilidades deste tipo de software. Neste último caso a finalidade é mellorar a competitividade e acadar unha mellor adaptación das solucións informáticas á realidade das pemes galegas. Con esta finalidade crearase un Centro Demostrador de solucións para Pemes para presentarlle ás pequenas e medianas empresas non TIC as posibilidades de uso do software libre e de fontes abertas que eliminen a reticiencia de moitas entidades a usar ese tipo de aplicacións. Porase en marcha un servizo de atención integral para as pequenas e medianas empresas para ofrecerlles asesoramento sobre solucións baseadas en Floss. Ademais, realizarase un estudo tecnolóxico e funcional sobre solucións de xestión empresarial orientadas a pemes de sectores con presenza en Galicia.
Interoperabilidade
No ámbito administrativo o plan contempla promover a interoperabilidade e a reutilización da información do sector público, poñendo á disposición doutros organismos da Administración os desenvolvementos realizados baixo contratos da Xunta de Galicia e financiados con fondos públicos. A Xunta impulsará o uso de documentos emitidos segundo estándares abertos nas súas comunicacións coa cidadanía e empresas e prevé á súa utilización na propia xestión interna nun futuro. Tamén se publicará unha guía de boas prácticas recomendando e definindo estándares de comunicación entre a Xunta de Galicia e a cidadanía e empresas utilizando formatos baseados en estándares abertos. Ademais, estudaranse solucións baseadas en software libre desenvolvidas por outras administracións que puideran ser de utilidade en Galicia.
Fomento do repositorio de FLOSS en Galicia
Outra das iniciativas do Plan é dispoñer dun repositorio no que se poida acceder ao software libre e de fontes abertas desenvolvido en Galicia e a toda a información de asistencia técnica ao mesmo para permitir o seu uso dunha maneira sinxela. Isto implica unha adaptación e reestruturación do repositorio do Floss que ten actualmente a Xunta de Galicia. Tamén se establecerá un selo de calidade para as empresas galegas que desenvolvan solucións en Floss, o que aportará un maior grao de seguridade ás empresas non TIC que estean pensando na utilización de Floss e teñan dúbidas respecto do mantemento e sustentabilidade desta aplicación. Ademais, ofrecerase un servizo de apoio ás empresas desenvolvedoras, que audite o código dun desenvolvemento e certifique e determine, polo tanto, se pode liberarse ou baixo que condicións se pode facer a súa publicación. Este procedemento tamén será empregado para avaliar os desenvolvementos contratados desde a propia Administración para que estean en condicións de liberarse, un aspecto que se esixirá nos concursos, cando sexa posible.
O fomento do uso do FLOSS na Administración pública materializarase en diferentes actuacións de implantación, desenvolvemento e promoción do uso de solucións baseadas neste tipo de aplicacións para a algunhas das súas infraestruturas de base e servizos web, entre outras actuacións.
Fortaleceranse outros mecanismos de formación e difusión do FLOSS a través da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta e impartiranse programas formativos para o empresariado, unha actividade que se estenderá a traballadores e desempregados a través do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia.
Educación
A promoción do emprego do FLOSS na educación primaria e secundaria realizarase mediante unha serie de iniciativas lideradas pola Consellería de Educación para dalo a coñecer entre a comunidade educativa. Así, fomentarase a tradución ao galego de solucións baseadas en software libre e de fontes abertas, formase ao persoal docente no uso de solucións de software libre; despregarase un servidor de centro con solución TIC baseada en Floss nun mínimo de 50 centros e licitaranse os 14.000 ultraportátiles do Programa Abalar con sistema operativo GNU/Linux e paquete ofimático de software libre e de fontes abertas. Tamén se despregará un proxecto piloto de aulas baseadas en solucións FLOSS e da iniciativa “Webs dinámicas” nun mínimo de 500 centos que lles permitirá dispoñer dun portal web, dunha plataforma de teleformación e galería de imaxes con aplicación FLOSS.
Colaboración cos axentes implicados
Coordinar as accións de promoción e difusión do FLOSS entre os axentes implicados é outra dos aspectos clave do plan para realizar unha mellor xestión das mesmas, evitando duplicidades. Deste xeito, renovarase a colaboración coas oficinas de software libre creadas nas universidades galegas. A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica investirá 120.000 euros, 40.000 por universidade para realizar diferentes actividades de difusión, formación, actos e eventos en materia de software libre. Ademais, asinarase coa Universidade de Vigo un convenio para a realización do Máster Universitario en consultoría de Software Libre para capacitar a profesionais para dirixir proxectos e levar a cabo tarefas en ámbitos concretos das tecnoloxías da información e as comunicacións aplicando técnicas e ferramentas baseados en software libre. O departamento autonómico achegará 30.000 euros para esta actividade.
Renovaranse os convenios asinados coas Asociación Galegas de Empresas de Software Libre AGASOL, por un importe de 30.000€ co obxectivo de crear un Catálogo de Servizos Integrais para Peme; a realización de xornadas de promoción de software libre para pequenas e medianas empresas e a tradución do aplicativo en Software Libre de Comercio Electrónico para peme. Tamén se asinarán convenios coas Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre AGUSL cunha achega de 55.000 euros para desenvolver actividades formativas no ámbito da educación, tanto secundaria como superior, para as pemes, a cidadanía e diferentes sectores profesionais. As AGUSL son entidades moi valiosas que poden axudar a conseguir un maior achegamento á sociedade das iniciativas de promoción, difusión e fomento do FLOSS. A colaboración con estas asociacións busca tamén evitar solapamentos e xerar un foro común que permita dar un maior impulso á xeración de software libre e fontes abertas.
Para xestionar os diferentes convenio coas universidades, asociacións e empresas e realizar un seguimento das diferentes iniciativas porase en marcha unha Oficina de Coordinación para a promoción do software libre e de fontes abertas.
Nesta liña de colaboración con entidades e organismos, a Xunta incorporarse ao padroado da Fundación do Centro Nacional de Referencia de Aplicación das Tecnoloxías da Información Comunicación baseadas en Fontes Abertas, (CENATIC), que entre outras funcións, ten a de contribuír a adecuada valoración e percepción das tecnoloxías baseadas en fontes abertas.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia