O DOG publica a convocatoria de axudas para o sector dixital e empresas TIC
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica aprobou dúas convocatorias de axuda destinadas ao sector empresarial TIC por un importe de preto de 8 millóns de euros. Así se recolle en dúas resolucións que se publican no Diario Oficial de Galicia (DOG) do martes 29 de abril orientadas ao apoio do sector TIC e da empresa dixital.
O orzamento total do programa de axudas 2010 ao sector TIC achégase aos 10 millóns de euros, repartidos en catro liñas de actuación. As axudas publicadas hoxe no DOG teñen como obxectivo fomentar o desenvolvemento do sector empresarial da sociedade de información e a empresa dixital cunha dotación económica de 8 millóns de euros. Os dous millóns de euros restantes destinaranse ao fomento dos contidos dixitais e ás entidades sen ánimo de lucro e publicaranse no Dog proximamente.
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, e o subdirector xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información, Cristóbal Varela, mantiveron unha xuntanza informativa a semana pasada cos representantes das empresas do sector para abordar polo miúdo o alcance destas convocatorias e atender as dúbidas que puideran presentarse.
Convocatoria para empresa dixital
O departamento que dirixe Mar Pereira, destina 5.375.748€ a subvencionar proxectos de cooperación para o fomento da empresa dixital. As iniciativas que se presenten deberán abordarse desde a cooperación entre empresas e contar cun promotor que lidere o proxecto demandando novos produtos e servizos das Tecnoloxías da Información e a Comunicación e, a lo menos, cun socio tecnolóxico con capacidade para prestar eses servizos ou produtos. A tarefa de promoción ou liderado pode ser asumida por empresas ou asociacións empresariais, debendo traballar conxuntamente e acadar éxito no proxecto. Tamén deberán permitir que os socios tecnolóxicos poidan aplicar o coñecemento acadado a outros interesados do mesmo ou distintos sectores económicos.
A convocatoria de axudas contempla actuacións subvencionables, tanto na demanda empresarial en solucións TIC como na resposta tecnolóxica en solucións TIC. A primeira opción está orientada para que as empresas e asociacións empresariais de calquera sector económico poidan identificar tarefas, problemas e situacións concretas da súa actividade empresarial que necesitan novos produtos e servizos das Tecnoloxías da Información e a Comunicación. No segundo caso, as subvencións para a resposta tecnolóxica en solucións TIC está destinada a empresas que desenvolven a súa actividade económica especificamente no ámbito das Tecnoloxías da Información e a Comunicación para que poidan poñer en marcha novos produtos e servizos que resolvan tarefas, problemas e situacións concretas da actividade empresarial da entidade líder do proxecto de cooperación.
Axuda específica para o sector TIC
A Secretaría Xeral de Modernización potencia o desenvolvemento do sector empresarial da sociedade da información cunha achega de 2.550.000€. Esta convocatoria contempla dúas liñas de axudas, a das capacidades TIC, para que as empresas poidan ofrecer mellores produtos e servizos apoiando a certificación en normas de calidade e axudando na formación especializada do persoal nos medios de produción e ferramentas necesarias para o desenvolvemento do seu traballo; a outra actuación subvencionable é a dos desenvolvementos TIC, para que as entidades poidan desenvolver novos produtos e servizos que sexan propiedade do solicitante e que estean suxeitos a un pago por uso, licenza e adquisición ou posterior personalización por parte de terceiros.
Esta segunda liña de axudas terá en conta aqueles novas prestacións centradas en áreas tecnolóxicas e en actuacións que redunden en beneficio dos cidadáns. No primeiro caso, as iniciativas que se presenten deberán achegar novidades nalgunha das seguintes áreas: converxencia e accesibilidade IP; mobilidade, localización e GIS (sistemas de información xeográfica); avance na TDT; eficiencia enerxética; mellora do fogar dixital; novas utilidades TIC aplicadas ao transporte, loxística ou sector marítimo que aumenten a eficiencia e seguridade ou acaden unha integración entre outras tecnoloxías.
Os proxectos que se centren na mellora das actuacións de interese xeral para os cidadáns a través das TIC deberán orientarse aos servizos sociais e sanitarios, desenvolvendo aplicacións para a prestación e xestión de actuacións, especialmente as relacionadas coa saúde ou a dependencia (teleasistencia, servizos e dispositivos de localización, de alarma, etc.); a educación, mediante ferramentas de creación de contidos dixitais, plataformas de aprendizaxe on-line, plataformas de control do alumnado na aula, ou outros ámbitos de servizos electrónicos de interese xeral, non necesariamente vencellados á Administración.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia