Acordo de transferencia tecnolóxica entre o Cesga e empresas internacionais da informática
O Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA, asinou un acordo de transferencia de tecnoloxía con destacadas compañías internacionais do sector informático. O prototipo, que se comercializará co nome de elasticLM, é o resultado final do Proxecto SmartLM, financiado polo VII Programa Marco da Unión Europea que ten como obxectivo elaborar mecanismos de xestión e uso de licenzas de software dun xeito máis eficiente e flexible. O resultado se espera que teña un importante impacto en empresas e institucións xa que os novos modelos de licenza máis alcanzables lles permitirán reducir o investimento, aumentando así a súa competitividade.
No proxecto participaron ata un total de once institucións e empresas de Alemaña, Bélxica, Italia, España, Reino Unido e Suecia. Tras o acordo, os copropietarios do prototipo SmartLM e o seu posterior desenvolvemento e comercialización serán ATOS ORIGIN, compañía internacional de servizos de tecnoloxías da información, GRIDCORE, integrador de sistemas especializado en computación de altas prestacións e o Fraunhofer Institute for Algorithms and Scientific Computing (SCAI), a principal organización de institutos de investigación aplicada e desenvolvemento en Europa.
LICENZAS DE SOFTWARE PARA O CLOUD
O prototipo desenvolvido coa colaboración do CESGA é unha solución aberta para a xestión de licenzas de software, "o primeiro sistema baseado en estándares abertos que permite a xestión elástica e distribuída destas licenzas", segundo sinala Andrés Gómez Tato, responsable de Aplicacións e Proxectos do CESGA.
Os modelos de licenzas de software actuais non son o suficientemente flexibles para soportar aplicacións comerciais que poidan necesitar acceder a recursos remotos; ademais, no novo paradigma de servizos virtuais, resulta moi custoso comprar licenzas de software para cada CPU da infraestrutura. Non obstante as licenzas SmartLM pódense utilizar sen problemas en ámbitos de cluster locais, así como en ámbitos Grid e Cloud locais ou remotos, privados ou públicos e baixo as circunstancias particulares das Arquitecturas Orientadas a Servicios.
Segundo Gómez Tato, "é un sistema pensado para usar de xeito semellante a outros que empezan a aparecer agora no mercado. O exclusivo do noso sistema é que o usuario pode executar ese software licenciado para a súa institución noutra institución. Está pensado para ser totalmente operativo no novo paradigma Cloud". O mercado Cloud é un sector en forte expansión con previsións de crecemento ata o ano 2012 de entre un 23 e un 68%, segundo diferentes fontes.
NOVIDADES EXCLUSIVAS
SmartLM inclúe ademais outras características novidosas como unha seguridade mellorada acorde coas necesidades actuais das aplicacións protexidas por licenzas, mecanismos de autenticación e autorización avanzados para acceso a software en ámbitos Grid, e un portal de contabilidade e facturación automatizadas 100% fiables, desenvolvido no CESGA, que permite doadamente a adopción de modelos de negocio avanzados como o “Pay-per-Use” en Grid e Cloud. Isto faino idóneo para industrias como a farmacéutica, as de finanzas ou as de entretemento.
LIBERACIÓN DE CÓDIGO
A natureza do software desenvolvido obriga a protexer a maioría dos seus compoñentes para evitar ataques aos seus mecanismos de seguridade. Pero para beneficio da comunidade investigadora o consorcio SmartLM decidiu liberar un número de compoñentes baixo licenza de código aberto (Licenza BSD) que están dispoñibles en:
• O marco de SLA: SCAI, http://packcs-e0.scai.fraunhofer.de/wsag4j/
• Servicio MetaScheduling: SCAI, http://packcs-e0.scai.fraunhofer.de/mss/
• Adopción de MSS por SmartLM: SCAI, http://packcs-e0.scai.fraunhofer.de/smartlm-orchestrator/
• Portal de Contabilidade e Facturación: CESGA, http://abportal.forge.cesga.es/
O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) é unha Fundación participada pola Xunta de Galicia e polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Dende a súa creación en 1993, o CESGA ten a misión de contribuír ao avance da ciencia e a técnica mediante a investigación e aplicación de computación e comunicacións de altas prestacións, en colaboración con outras institucións, para beneficio da sociedade.
Máis información:
http://www.smartlm.eu/
http://www.elasticlm.eu/
www.cesga.es
www.atosorigin.com
www.gridcore.se
www.scai.fraunhofer.de/de/

Departamento de Promoción e Comunicación CESGA