Digital Local Agenda valora o historial médico electrónico de Galicia
Un equipo de técnicos dos 9 países europeos que participan no proxecto INTERREG IV Digital Local Agenda vistarán Galicia o vindeiro mes de febreiro para coñecer a experiencia de implantación do Historial Médico Electrónico na Comunidade, tras elixir este procedemento como o mellor exemplo de boas prácticas entre un total de 37 iniciativas relacionadas coa sociedade da información.
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Dirección Xeral de Administración Local, e en colaboración co Eixo Atlántico, está a participar na iniciativa europea Digital Local Agenda, que conta coa participación de 11 socios de 9 países europeos (Portugal, Italia, Grecia, Irlanda, Alemaña, Estonia, Letonia, Hungría e España).
Visitas
Dentro das actividades previstas no proxecto, cada socio debía propoñer diferentes boas prácticas desenvolvidas na súa rexión no ámbito da sociedade da información para elixir as 5 máis interesantes e organizar visitas de estudo en torno a elas. As visitas articularanse en forma de sesións de traballo nas que os socios organizadores presentarán a boa práctica elixida a expertos técnicos dos socios internacionais.
Galicia presentou a experiencia do Historial Médico Electrónico (IANUS), que resultou ser a boa práctica mellor valorada polos socios, dun total de 37 presentadas. Esta práctica será obxecto dunha visita de estudo en febreiro de 2011, na que técnicos dos socios virán a Galicia para coñecer como se implantou esta boa práctica, que obstáculos se encontraron no camiño, como se superaron e que beneficios se obtiveron.
A visita de estudo a Galicia enmarcarase dentro dun seminario internacional que o Eixo Atlántico e a Xunta de Galicia organizarán para presentar as cinco mellores prácticas seleccionadas polos socios. A este seminario asistirán personalidades políticas e expertos técnicos de todos os socios representados no proxecto.
Máis de 14 millóns de accesos no último ano
A Xunta de Galicia está a facer unha forte aposta pola implantación das TIC en todos os ámbitos da sociedade e espcialmente naqueles con máis repercusión social como é o caso da sanidade.
Neste sentido cómpre destacar os avances acdados na implantación do Historial Médico Electrónico (IANUS) que é a plataforma de integración de sistemas e rexistro de información clínica desenvolvida polo Sergas. O pasado ano realizáronse máis de 14 millóns de accesos de profesionais sanitarios á IANUS, na que están integrados todos os hospitais da rede do Sergas -aos que hai que sumar dous hospitais concertados- e 442 centros de saúde, que aglutinan ao 98% da poboación.
e-Receita
Na súa aposta por incorporar iniciativas que melloren a Atención Primaria, a Xunta continúa a avanzar na implantación da receita electrónica.
En abril de 2009, só 26 centros de saúde e o 7% das farmacias estaban conectados á e-receita. Actualmente 442 centros de saúde, que cobren ao 98% da poboación galega, dispoñen de acceso ao sistema de historia clínica electrónica IANUS e 413 están integrados no proxecto de receita electrónica, con 1.358 oficinas de farmacias conectadas. Todo elo supón que o 93 % da poboación se beneficia da receita electrónica, un total de 2,6 millóns de cidadáns.
Así, a día de hoxe, a porcentaxe de dispensación electrónica supera o 68% (con 200.000 diarias): dispensáronse xa máis de 40 millóns de receitas electrónicas e están xeradas no sistema 40.000.000 receitas máis (os doentes crónicos poden ter prescrito o tratamento de todo un ano).
Grazas a estes avances, as consultas administrativas –aquelas ás que os usuarios acoden para recoller receitas- pasaron do 25% ao 12%. Isto supón 1,5 millóns de citas menos para consultas administrativas, o que significa 250.000 horas, é dicir, máis de 31.000 xornadas laborais.
Segundo unha enquisa realizada aos profesionais na que se lles preguntaba cales son os maiores avances no eido da Atención Primaria nos últimos anos o 49,3% elixiron a introdución do IANUS como principal avance e o 27,3% escollían a introdución das TICs.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia