Eganet concede o Premio Especial á empresa Altia Consultores
O xurado dos premios anuais que concede a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) vén de facer públicas as candidaturas finalistas da VII Edición dos Premios Eganet. O vindeiro mércores, día 22, terá lugar o acto de entrega dos galardóns no Pazo de Exposicións e Congresos de Galicia, en Santiago de Compostela, nunha gala que comezará ás sete do serán.
As empresas asociadas a Eganet acordaron outorgarlle o Premio Especial 2010 a Altia Consultores, por ser a primeira empresa galega do sector en cotizar en bolsa, por defender a empresa galega e polo convencemento da necesidade de cooperación de empresas pequenas e grandes para mellorar. Os proxectos finalistas nas oito categorías restantes desta VII edición dos premios, elixidos de entre un total de 262 candidaturas, son os seguintes:
Categoría E-emprendedores:
• Ontouch Nueva Tecnología Publicitaria.
• A Navalla Suíza.
• Enxendra Technologies.
• IP Web Services.
Categoría Software, Multimeda ou Web:
• SIXTEMA: iKimpap.
• Confirmisgn: Confirmsign..
• Editorial Galaxia/Perro Verde Films/Milrayas: ContoPlanet.
• Redenasa.Tv e a Navalla Suíza: Redenasa.Tv.
Categoría Inclusión Dixital:
• Signo Ingeniería del Territorio: Guía de turismo accesible para Internet e teléfonos móbiles.
• Vmodal Interactive: Rurais LAB
• Galinus Taller de Novos medios: Que Pasa na Costa.
• Federación Galega de Municipios de Provincias (FEGAMP): Inmigración Galicia
Categoría Publicidade e Marketing OnLine:
• Interacción: Os Crebinsky.
• Elogia Media: el caso no resuelto de Canon City.
• Galinus Taller de Novos Medios: A Reforma de Galinus.
• Paco&Lola Albariño: Estratexia de marketing online do Albariño Paco&Lola.
Categoría E-Commerce:
• KSN Ediciones S.C./AVA Soluciones Tecnológicas: KNS Ediciones.
• Dosmasdos Soluciones Informáticas: NOD32 Antivirus.
• Visual Publinet. Gestor de reservas aparcamiento PARKEVOA
• Lonxa Cultural: Toupa.net.
Categoría Administración Electrónica:
• Bit Oceans Research: Fividoc. A firma electrónica en papel.
• Enxendra Technologies: Plataforma de factura electrónica.
• Imatia Innovation: CIVIDAS.
• Imaxdi Real Innovation: Imaxdata digital pen.
Categoría Educación Dixital:
• Centro de Supercomputación de Galicia e Colexio Rural Agrupado de Boqueixón-Vedra: Comunidades Rurais Virtuais.
• CEIP Nétoma-Razo, CEIP Joaquín Rodríguez Otero, CEIP O Graxal: O Campo da Feira.
• Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia: Navega con Rumbo polo Ciberespazo.
• Interacción/Imaxín: O valor de IGU.
Categoría Mellor Ambiente Laboral:
• Arume Desenvolvementos Informáticos
• Hacce Soluciones TIC
• Coremain
• eLABORO, Ingeniería del Software.
Como novidade da edición deste ano, a organización concederá catro premios globais a aqueles participantes que mellor aposta fagan polo software libre, a innovación, a mobilidade e a accesibilidade entre todos os proxectos presentados. Tamén neste caso os gañadores se coñecerán no decurso da gala que terá lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, o vindeiro mércores, día 22, e que será conducida por Fran Hermida.
ANIVERSARIO DA ASOCIACIÓN
Eganet, presidida por Víctor López, é a asociación de empresas galegas que desenvolven software e/ou servizos TIC. Este ano fai unha década de vida, desde que se creara no 2000 co obxectivo de aglutinar as empresas que representan o corazón das TIC e que abranguen as cinco principais áreas de negocio: Internet e medios Online; Comunicación Interactiva e Novos Medios; Consultaría e Asesoramento TIC; Conectividade e Integración de Sistemas; e Desenvolvemento e Software.
Como patronal das TIC galegas é o referente no sector e representa e defende os intereses das empresas e profesionais que desenvolven a súa actividade empresarial neste ámbito. Eganet basea o seu labor na defensa do libre mercado, presta servizos ás empresa asociadas e traballa para conseguir a adaptación da cidadanía ao uso das novas tecnoloxías como ferramentas de mellora ante a competitividade, tanto nos sectores empresariais como no desenvolvemento individual.

Eganet