Os VII Premios Eganet reivindican o apoio das administracións na especialización das empresas TIC
A Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) entregou este serán en Compostela os seus galardóns, nunha gala á que asistiron unhas 300 persoas. Un total de 87 empresas e entidades competiron, a través de 262 candidaturas presentadas nas distintas categorías, aos premios do sector TIC.
No decurso do acto, o presidente de Eganet, Víctor López, aproveitou as palabras que lle dirixiu ao público para reivindicar un modelo económico diferente ao actual, baseado nunha aposta por multinacionais, e defendeu un modelo adaptado á realidade social galega que, co tempo, será “o único modelo sustentable”. Engadiu, ademais, que un dos principais retos é lograr “a confianza e apoio das administracións públicas a prol da especialización, para que o esforzo realizado polo empresariado galego non decaia ante a competencia externa”.
O máximo responsable de Eganet sinalou “a aposta polo crecemento sostible baseado en modelos de arrastre, fomentando a colaboración entre empresas tractoras e pequenas empresas especializadas que, conxuntamente, poden constituír a punta de lanza para a mellora da economía colectiva e non só do sector TIC”.
Os gañadores da sétima edición dos galardóns son os seguintes:
Premio E-emprendedores:
• Enxendra Technologies: empresa especializada en software de factura electrónica e sinatura dixital. Na actualidade ten dúas sedes: Madrid e A Coruña.
Premio Software, Multimedia ou Web:
• Colaboración entre a editorial Galaxia, Perro Verde Films e MilRayas, polo ContoPlanet, unha aplicación de contos infantís para iPhone e iPad extraídos da colección Árbore da editorial Galaxia.
Premio Inclusión Dixital:
• VModal Interactive, de Vigo: por RuraisLAB, un laboratorio cidadán para a innovación social no rural baseado nas necesidades e visión da muller.
Premio Mellor Ambiente Laboral:
• Hacce Soluciones TIC, empresa viguesa que se move no contorno 2.0, cunha cultura organizacional baseada na xestión do coñecemento, nun modelo de negocio participativo que presta atención ao criterio de todo o equipo.
Premio Publicidade e Márketing OnLine:
• Paco&Lola Albariño: pola súa estratexia de marketing online. A empresa Adega Rosalía de Castro produce este viño albariño.
Premio E-Commerce:
• Toupa.net: por Toupa.net,Cultura para levar!. Toupa.net é unha plataforma de distribución B2C e B2B de produtos culturais ideados, producidos ou participados por axentes galegos, ou por calquera outro autor, editor ou produtor que introduza un novo punto de vista arredor da cultura galega.
Premio Administración Electrónica:
• Bit Oceans Research, por Fividoc. A Firma Electrónica en Papel, unha solución de cotexo electrónico que permite a protección global do contido de documentos impresos.
Premio Educación Dixital:
• Interacción e Imaxín Software, polo proxecto O Valor do IGU, programa interactivo de educación en valores a través de videoxogos.
PREMIOS GLOBAIS
Nesta edición dos galardóns, creáronse catro Premios Globais que recoñecen os proxectos, de entre todos os presentados, que mellor aposta fixeran polo software libre, a innovación, a mobilidade e a accesibilidade.
• Premio Global Software Libre: Sixtema, por ikiMap, comparte os teus mapas.
• Premio Global Proxectos Innovadores: Confirmsign, pola creación da plataforma “Confirmsign”
• Premio Global Mobilidade: colaboración entre Editorial Galaxia, Perro Verde Films e MilRayas, por ContoPlanet.
• Premio Global Accesibilidade: Fundación Tecnología Social, de Lugo, por Camiño dos Satélites.
Así mesmo, Altia Consultores recibiu o Premio Especial Eganet por ser a primeira empresa galega do sector en entrar no mercado bursátil, por ser un referente na defensa da empresa galega e polo convencemento manifestado de que a cooperación de grande e pequenos é necesaria para mellorar o sector TIC.
RECOÑECEMENTO A SETE EMPRESAS E DOUS EXPRESIDENTES
Membros da directiva da asociación fixeron entrega de placas conmemorativas en recoñecemento aos 10 anos de proxecto empresarial ás seguintes firmas socias de Eganet: Aaccentia; Asi-Red, Corunet, Deza Business, Dimensiona, Infonega e Interdix.
Os expresidentes da asociación, Gil Bernárdez e Beatriz Legerén recibiron tamén unha homenaxe polo labor realizado ao fronte de Eganet.

Eganet