Eganet desaproba o proxecto Conecta Tu Negocio por competencia desleal
‘Conecta tu negocio’ é unha ameaza para o sector TIC e pode chegar a desarticular o tecido das pemes galegas dedicadas ás novas tecnoloxías. Así o entende a Asociación Galega de Empresas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet), que ademais lamenta que este proxecto de dubidosa rendibilidade, tanto para as pemes que participan nel como para o sector TIC, conte con financiamento público.
O proxecto de CEPYME (Confederación Española de la Pequeña y la Mediana Empresa) ‘Conecta tu negocio’ ofrece ás pequenas e medianas empresas a posibilidade de crear per se e de balde a súa páxina web. Conta con financiamento público dentro do marco do Plan Avanza2 do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e nel colaboran, ademais, Google, STRATO, MRW e Orange.
Eganet esgrime varios argumentos que desmontan a pertinencia e utilidade desta iniciativa. O principal é que CEPYME incorre con este proxecto en competencia desleal, xa que elimina da concorrencia competitiva ás empresas especializadas no desenvolvemento de web.
Por outra banda, ‘Conecta tu Negocio’ aposta por introducir as novas tecnoloxías nas pemes desde a óptica de “venda en serie”, sen un mínimo de adecuación ás necesidades e capacidades reais das empresas co conseguinte risco de “queimar o mercado”. Ás empresas non se lles ofrece unha páxina feita correctamente e á medida senón un espazo estático na internet creado por un programa automático (un produto desfasado, máis próximo ao entorno da web 1.0 que ás posibilidades de uso e interacción da actual web 3.0).
Consecuentemente, é moi posible que os resultados non cumpran coas expectativas e as empresas acaben por abandonar a “web-cartel” que non será actualizada e da que non verán ningún retorno de interese.
Pode xerar reticencias de cara a un novo investimento TIC
A adaptación das empresas ás novas tecnoloxías da información precisa da personalización, do traballo e do estudo previo para coñecer e saber as necesidades de cada compañía. Só así se consigue que o resultado sexa satisfactorio e útil. Se non conseguimos a visualización da utilidade dos servizos dos profesionais TIC por parte do cliente o único que se xerará será o incremento de reticencias de cara a un novo investimento en solucións ou servizos TIC.
As empresas precisan calidade e profesionalidade
Segundo a CEPYME, ‘Conecta tu Negocio’ pretende introducir ás pemes na Internet e facilitarlles unha web. Se ben é certo que actualmente, o 77% das pemes non dispoñen de web, Eganet defende que o xeito adecuado de obtela é baixo o paraugas da profesionalidade e calidade á medida de cada unha das necesidades.

Eganet