O proxecto Computación na nube, entre as tres mellores iniciativas do mundo, según HP
Os conselleiros de Educación e Ordenación Universitaria e de economía e Industria presentaron a iniciativa Comunidades Rurais virtuais para a educación na nube, un proxecto piloto desenvolvido polo CESGA sobre as posibilidades da computación cloud (na nube) aplicada e adaptada ás necesidades das escolas rurais, e que se implantou no presente curso no Colexio Rural Agrupado (CRA) de Boqueixón Vedra. Un proxecto “de tal importancia e magnitude, que fomos quen de atraer o investimento de Silicon Valley, xunto a outras dúas iniciativas localizadas en Estados Unidos e Asia”, explicou o titular de educación, Xesús Vázquez Abad, quen engadiu que Educación está a estudar a posibilidade de integrar no proxecto Abalar as potencialidades desta iniciativa. Na rolda de prensa estivo presente ademais o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, que participa neste proxecto a través do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA); Enrique Solbes, Vice President Sales & Marketing Enterprise Business Iberia, de HP; os rexedores de Boqueixón, Adolfo Gacio Vázquez, e Vedra, Odón Cobas García; e a directora do CRA, Iolanda Neira.
Tal e como explicou o conselleiro, o proxecto de Cloud Computing que está a funcionar nas 7 escolas que compoñen o CRA -beneficiando aos seus 91 alumnas e alumnos- naceu dunha idea desenvolvida polo CESGA, "de tal calidade que,foi escollido pola división de I+D de Hewlett Packard en Palo Alto (California), para ser un dos únicos 3 centros do mundo que foron financiados para desenvolver os seus proxectos piloto neste eido, nomeadamente unha universidade norteamericana de Idaho, unha universidade de Taiwan e este CRA".
Unha vez confirmadas as potencialidades deste proxecto e os seus beneficios para combater a dispersión no ensino no rural galego, a Consellería de Educación está a facer un seguimento do mesmo “para estendelo paulatinamente a outras comunidades educativas do rural galego”, dixo Vázquez Abad. Para isto, engadiu o conselleiro, “trataremos de implicar ao Concellos galegos nos que existan CRAs, co fin de ampliar este proxecto innovador”.
Investigación, Innovación e Crecemento
Pola súa banda o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, destacou que o proxecto ‘Computación na Nube’ está en sintonía coa folla de ruta marcada polo novo Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015 (i2C). Neste sentido, explicou que “o Goberno de Xunta aposta por un modelo de investigación aplicada, competitiva e colaborativa; capaz de xerar benestar e crecemento; un modelo no que sempre terán cabida proxectos de alto valor engadido”.
Guerra sinalou que o traballo realizado nestes meses polo Centro de Supercomputación de Galicia, do que é titular a Consellería de Economía e Industria, espertou “fortes expectativas”, xa que o mes pasado responsables da área de e-learning foron convidados a participar na reunión mundial de proxectos financiados por HP, en Nova Deli, para presentar o proxecto; un encontro no que institucións de China, India, Estados Unidos e Inglaterra, entre outros, mostraron interese en aplicar esta solución nos seus países de orixe.
Ademais, o titular de Economía e Industria louvou o traballo do Cesga que, para o desenvolvemento deste proxecto, “logrou captar a atención de HP Labs, en competencia internacional con iniciativas de alto nivel”, un “exemplo de competitividade que cómpre trasladar a todos os centros tecnolóxicos e axentes do sistema galego de I+D+i”.
Comunidades rurais virtuais
Grazas á tecnoloxía de computación na nube os profesores e alumnos das 7 escolas de educación primaria e infantil que compoñen o CRA, poden comunicarse entre si, e traballar e facer actividades escolares de forma conxunta sen ter que desprazarse, a través da rede. Para iso contan coa tecnoloxía cloud, en nube, que permite acceder a unha serie de servizos informáticos e responder ás necesidades do usuario de forma flexible e personalizada, a través de internet e sen necesidade da axuda de expertos informáticos.
Cunha solución de software libre e código aberto os usuarios traballan nunha plataforma sinxela que é axeitada tanto para o profesorado como para os estudantes e as súas familias, grazas á que non é necesario contar cos recursos e programas instalados en cada ordenador, senón que se pode contar cos materiais didácticos e recursos de aula nun espazo común, dispoñible dende calquera ordenador ou incluso móbil, conectado a Internet, para todos os membros da comunidade educativa. “É dicir, que non son necesarios emails, nin memorias usb, nin a instalación de software en cada ordenador, senón que todo o material para o traballo colaborativo está en rede para todo o que precise empregalo”, explicou o conselleiro de Educación.
Deste xeito ademais redúcense ao mínimo as dificultades técnicas, limítanse os custos de licencias de software, e créase unha contorna de traballo virtual a través dunha única aplicación lixeira, estruturada en varios niveis de acceso, segundo o perfil do usuario final.
“Os Colexios Rurais Agrupados son centros educativos concibidos para dar resposta e servizo á dispersión poboacional do rural. Grazas á tecnoloxía cloud afrontamos esa dispersión favorecendo a actividade do profesorado”, engadiu Vázquez Abad.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia