O Plan Estratéxico do Clúster TIC prevé un Fondo Tecnolóxico con 100 millóns
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a implantación dunha “factoría de emprendedores TIC de Galicia” e o establecemento dun “marco común de financiamento ao sector aplicable xa desde 2012”. Ademais, sinalou o establecemento de actuacións que camiñen cara ao “aliñamento entre as necesidades tecnolóxicas do sector público e os sectores produtivos e a oferta tecnolóxica do sector TIC” como outro dos eixes que guiará a estratexia da Xunta en relación coas tecnoloxías da información e da comunicación.
Feijóo manifestou o compromiso da Xunta de “aglutinar e aunar todos os instrumentos e medios cos que conta” para impulsar “unha estratexia única do sector TIC en Galicia, co obxectivo de mellorar o resultado efectivo do desenvolvemento e o crecemento do sector. No marco da presentación do Plan Estratéxico do Clúster TIC de Galicia, afirmou que a Xunta afronta o proxecto como “unha acción de Goberno”, que enfocará os esforzos nunha mesma dirección e garantirá a cohesión das actuacións.
Expresou o seu convencemento de que “Galicia ten a oportunidade de xerar unha marca de solvencia que atraia inversores e ideas de fóra de Galicia”, polo que o obxectivo do Goberno autonómico é claro: “crear as mellores condicións para impulsar verdadeiras solucións innovadoras con alto impacto na competitividade dos sectores que máis achegan ao PIB de Galicia”.
Aproveitar o financiamento Fondo Tecnolóxico
Na súa intervención, o xefe do Goberno galego asegurou que a Xunta se propón que as empresas do sector das TIC e doutros ámbitos punteiros aproveiten “unha das grandes oportunidades que ten Galicia para os próximos anos e que lamentablemente foi infrautilizada nos seus primeiros anos de existencia”. Así, animou aos emprendedores galegos con ideas en materia de tecnoloxía ou de I+D a presentar “proxectos punteiros ao abeiro do Fondo Tecnolóxico, dotado con 100 millóns de euros e que podería mobilizar o dobre de investimento, 200 millóns de euros”.
Feijóo salientou a necesidade da articulación de instrumentos de financiamento “para que ningún proxecto viable se quede nun caixón”, polo que sinalou que, a maiores, a Xunta ten tamén o obxectivo de explorar novas vías que fomenten a obtención de resultados con alto impacto na economía galega, “fronte ao xa gastado modelo de subvencións a fondo perdido”.
“Galicia ten asumido o reto de facer da tecnoloxía un dos motores económicos desta década”, remarcou o presidente galego, quen engadiu que este desafío se concreta na existencia dun sector privado “ambicioso e capaz” e dunha “Administración pública comprometida”.
Axenda Dixital 2014.gal
Como proba deste compromiso situou Feijóo a Axenda Dixital 2014.gal, que impulsa o uso das TIC nas administracións públicas e en todos os sectores, cun investimento de 900 millóns de euros por parte da Xunta que xerará un investimento total de 1.600 millóns de euros, a creación de 12.000 empregos ata 2014 e un incremento do peso do sector no PIB desde o 4,8% actual ao 6%.
O titular da Xunta definiu este programa como “unha oportunidade social” e destacou que no seu primeiro ano de vixencia xa permitiu reducir nun terzo a fenda dixital en Galicia, estendendo de forma moi notable as novas tecnoloxías en ámbitos como a Administración autonómica, a sanidade, a educación ou as políticas sociais.
Xunto con isto, puxo en valor o Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015, o Plan I2C ou o Foro de Inversión para a creación de empresas de base tecnolóxica como iniciativas que completan a aposta da Xunta polo impulso do sector TIC.
A importancia do Clúster TIC
No seu discurso, Alberto Núñez Feijóo puxo de relevo a importancia do Plan Estratéxico do Clúster TIC Galicia presentado hoxe, un instrumento que, dixo, xogará un papel fundamental para “aumentar a propia competitividade do sector” e, ademais, contribuirá “a un cambio de modelo produtivo cara a unha economía do coñecemento”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia