Modernización Tecnolóxica anima a GNOME co seu proxecto de sofware libre
O director da Área de Infraestruturas e Telecomunicacións da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Adrián Lence, felicitou á Comunidade GNOME polo esforzo que ven realizando nos últimos 15 anos “para que a sociedade teña dispoñible un escritorio totalmente libre, amigable e sinxelo de empregar”.
Lence inaugurou na Coruña a Conferencia Guadec 2012, o evento anual máis importante sobre esta tecnoloxía, que reúne durante sete días a 250 expertos en software libre de todo o mundo. O director da Área de Infraestruturas animou á Comunidade GNOME a continuar co traballo iniciado hai 15 anos e que permitiu que a día de hoxe esta tecnoloxía estea dispoñible en en 50 idiomas, incluído o galego.
O responsable da área de Telecomunicacións da Amtega indicou que GNOME é un exemplo “magnífico das virtudes do software libre”. Por esta razón recordou a Xunta o está a empregar en dúas das iniciativas tecnolóxicas de maior calado como o Proxecto Abalar, que en setembro chegará a 44.000 alumnos e a Rede de Aulas para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT), que conta con máis de 14.000 usuarios
Guadec 2012
Durante os sete días da Conferencia Guadec 2012 máis de 250 desenvolvedores, tradutores e usuarios do GNOME van presentar os principais avances do proxecto e traballarán nas liñas de desenvolvemento futuras.
A Conferencia Guadec,que vai pola súa decimoterceira edición, está organizada pola Asociación de Software Libre GPUL e a GENOME Foundation, en colaboración coa Universidade da Coruña.
O proxecto GNOME, iniciado en 1997 polos mexicanos Miguel de Icaza e Federico Mena, conta con centos de desenvolvedores e millóns de usuarios en todo o mundo e busca facilitar o acceso á tecnoloxía proporcionando unha alternativa aos software propietario.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia