O voceiro de Alternativa Galega de Esquerda, Xosé Manuel Beiras, Trending Topic
Nin o partido España-Francia puido evitar que, durante a entrevista que a canle privada autonómica galega realizou a Xose Manuel Beiras, esta se convertise en trending topic, isto é, nunha das etiquetas máis usadas polos tuiteiros e tuiteiras de todo o Estado a través do hashtag #BeirasViaV, superando en impacto aos diferentes debates políticos desenvolvidos na Televisión de Galicia e protagonizados polos líderes das tres forzas políticas presentes no Parlamento Galego, PP, PSOE e BNG.
A este éxito mediático únese o feito de terse convertido o twitter de Beiras no que máis seguidores e seguidoras ten de entre os candidatos das principais forzas políticas, camiño xa dos 5.700 polos 3.839 de Pachi Vázquez -o segundo neste ránking-, os 3.213 de Feijoo e os 3.120 de Jorquera, último desta lista.
A campaña nas redes da organización de Beiras, Anova, complétase cun saturado perfil de facebook do candidato, que acadou o máximo dos 5.000 seguidores, e coa páxina de facebook ANOVA Irmandade que a partir de 1.500 seguidores está a chegar directamente a 140.000 perfís de facebook e subsidiarianmente a máis de 250.000 seguidores dos seus fans, todo un fito comunicativo para unha campaña, a de Alternativa Galega de Esquerda, humilde no económico.
Outra das anécdotas rechamantes da campaña de redes de Xose Manuel Beiras é a aparición dunha figuriña infantil de apenas seis centímetros de alto denominada "O Beiriñas" e onde se aprecia unha figura que lembra á Beiras (barba e pelo branco, bufanda no colo e puños pechados cara arriba) e que aparece en diferentes espazos naturais ou urbanos lanzando consignas de Alternativa Galega de Esquerda. A súa aparición onte pola noite, logo da entrevista en V Televisión, ao lado do número de seguidores de twitter de @xmBEIRAS xenerou unha proactividade entre os seus seguidores altísima.

Tania Porta (Prensa de Alternativa Galega de Esquerda)