O 75% das microempresas galegas dispón de conexión a internet, según o OSIMGA
A práctica totalidade das empresas galegas de 10 ou máis traballadores e tres de cada catro microempresas dispoñen de conexión a Internet contratada. Este último segmento empresarial experimentou un crecemento do 17,6% no período 2010-2012, evolucionando dunha porcentaxe do 63,8% no ano 2010 ao 75% en 2012. En ambos casos o crecemento supera a media estatal e é especialmente significativo no caso das microempresas, está dez puntos pro riba do ao conxunto do Estado.
Son datos correspondentes á “Enquisa ás Empresas sobre a Sociedade da Información en Galicia 2012”, elaborada polo o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e que foron presentados esta mañá pola directora da Axencia, Mar Pereira. O estudo avalía a evolución da penetración e uso das tecnoloxías da información e a comunicación no tecido empresarial galego.
En Galicia existen, segundo datos do IGE, un total de 211.611 empresas, das que 201.829 (95,4%) contan con menos de 10 traballadores e 9.782 con 10 ou máis empregados. Catro de cada cinco empresas galegas teñen dous ou menos traballadores (83,1%) e máis da metade das empresas galegas (56,1%) son autónomos. Nas provincias da Coruña e Pontevedra concéntranse o 74,3% do total de empresas galegas.
Esténdese a banda larga e aumenta a velocidade de conexión a Internet contratada
Segundo o estudo do OSIMGA, o 96% das empresas de 10 e máis asalariados e o 67,5% das microempresas galegas dispón de banda larga contratada. Considerando só as empresas con conexión a Internet, a banda larga elévase ao 93,2% nas microempresas.
No período 2010-2012, a banda larga experimentou un incremento do 12,5% entre as microempresas galegas e do 3,9% nas empresas de 10 e máis empregados. Destaca especialmente o aumento da banda larga móbil, que era case inexistente no ano 2010, e que agora empregan o 11,8% das microempresas e o 23,9% das empresas de 10 e máis empregados con conexión a Internet no ano 2012.
As actuacións impulsadas pola Administración, a través do Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia, para a ampliación de cobertura de servizo de banda larga, especialmente nas zonas máis rurais, tamén contribuíron a mellorar a calidade da conexión á Rede. O 72,8% das empresas de 10 e máis empregados e o 69,8% das microempresas con conexión a Internet ten contratada unha velocidade superior a 2 Mpbs, sendo significativo o incremento experimentado no tramo de velocidade superior a 10 Mbps, que crece máis de 14 puntos no caso das microempresas e máis de 7 no caso das empresas de máis de 10 empregados.
Equipamento e solucións TIC
O ordenador e a telefonía móbil de uso empresarial son os equipamentos TIC máis frecuentes nas empresas galega. As aplicacións informáticas para a xestión contable e financeira, xunto coa xestión de clientes e provedores son utilizadas por máis do 90% das empresas de 10 ou máis traballadores e por máis do 44% das microempresas.
En liñas xerais, as empresas galegas fan uso, en maior medida, das ferramentas informáticas que facilitan a súa xestión interna e o intercambio de datos electrónico con clientes e provedores, co conseguinte aforro de tempo e custes. Resulta especialmente significativo o incremento da recepción da factura electrónica que aumenta 7,9 puntos nas empresas de 10 e máis empregados e 5,5 puntos nas microempresas.
Converxencia coa media estatal en presenza en Internet
As empresas galegas converxen coa media estatal en dispoñibilidade de páxina web. Nas empresas galegas de 10 e máis traballadores con conexión a Internet, a dispoñibilidade de páxina web acada o 70,1%, cun crecemento do 8,2% en dous anos. O 28,9% das microempresas galegas que dispoñen de acceso a Internet conta con páxina web, con valores moi semellantes á media estatal (28,6%).
As redes sociais abren unha nova vía ás empresas galegas para difundir e consolidar a imaxe de marca da compañía. Un 19,4% das empresas de 10 e máis traballadores e o 12,9% das microempresas galegas con conexión a Internet teñen presenza activa nas redes sociais.
A porcentaxe de empresas de máis de 10 empregados con conexión á Rede que interactúa coas Administracións Públicas a través de Internet incrementouse un 6,2%, situándose no 80%. No caso das microempresas a porcentaxe sitúase no 43,5%. Neste diferenza, ademais da evidente fenda dixital entre ambos os dous segmentos empresariais, inflúe igualmente o feito de que as microempresas delegan en gran medida unha serie de trámites aos seus xestores contables e administrativos.
Medra o comercio electrónico
O comercio electrónico, especialmente a venda de bens e servizos en liña, medra de forma moi significativa desde o ano 2010.
Un 41,6% das empresas de 10 e máis empregados compraron a través de Internet e un 25% venderon a través da Rede. No caso das microempresas, as porcentaxes de compras e vendas a través de Internet sitúanse no 25,2% e no 11,9%, respectivamente
No período 2010-2012, obsérvase un incremento significativo das vendas a través do comercio electrónico que medraron un 47,9% entre as empresas de 10 e máis empregados e un 43,4% entre as microempresas.
Estes datos mostran o interese do tecido empresarial galego polo comercio electrónico, o que tamén se confirma pola elevada asistencia ás actividades sobre comercio electrónico organizadas polo Centro Demostrador TIC de Galicia, un proxecto da Amtega que constitúe un escaparate tecnolóxico do uso das TIC para contribuír á mellora da produtividade e competitividade nos sectores produtivos galegos, a través principalmente da asesoría, capacitación e formación tecnolóxica.
Todos os informes e documentos do OSIMGA distribúense libremente na Rede baixo licenza Creative commons e están dispoñibles na web do Observatorio: www.osimga.org

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia