A tecnoloxía desembarca nas residencias públicas de maiores de Galicia
Nos últimos dous anos, a residencia de maiores da Estrada (Pontevedra) foi o banco de probas, no que participaron pacientes e traballadores reais. Alí se instalaron estes avances tecnolóxicos que chegarán a todos os centros da rede pública, unha serie de sensores nas habitacións para detectar situacións de risco e incluso incipientes enfermidades. Entre eles destacan os medidores de temperatura e humidade (que envían un sinal de alarma se unha habitación sae dos estándares recomendados) ou sensores que detectan unha caída da cama, un abandono da estancia en horario nocturno, ou un problema de saúde, ao saltar unha alarma indicando que un usuario está a acudir ao baño de forma inusual.
As habitacións intelixentes tamén incorporarán sistemas de comunicación directa entre os usuarios e o control do centro, para trasladar de xeito inmediato calquera necesidade que poida xurdir.
Outras actuacións
Ademais destes avances tecnolóxicos, resultan fundamentais os coidados de proximidade, que permiten que os maiores permanezan nas súas contornas sen deixar de recibir os coidados que necesitan, salvando os obstáculos que supoñen a realidade xeográfica galega e a súa histórica dispersión territorial. Trátase de programas que xa chegaron a máis de 50.000 persoas, e que inclúen máis de 100 casas do maior con 500 prazas gratuítas, e o programa ‘Coidados porta a porta’, co que oito unidades móbiles prestan servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e de estimulación da memoria en toda a nosa comunidade.

R.