Galicia incorpora a IA na mellora da predición de eventos meteorolóxicos adversos e para reforzar a súa adaptación ao cambio climático
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, explicou hoxe que Galicia incorporará a intelixencia artificial para mellorar a predición de eventos meteorolóxicos adversos e para reforzar a adaptación da Comunidade ao cambio climático.
Durante a presentación desta iniciativa na sede de MeteoGalicia, Ángeles Vázquez incidiu en que o obxectivo deste novo modelo é dar resposta coa suficiente anticipación aos fenómenos meteorolóxicos que poidan afectar á saúde das persoas, como as vagas de calor, e á detección e extinción de incendios forestais.
Deste xeito, a través do programa PIMA Eventos Adversos, e cun investimento de máis de 450.000 euros, incorporaranse á extensa rede de observación de MeteoGalicia, un conxunto de sensores específicos para medir novas variables atmosféricas. Así, ademais dos modelos de previsión actuais, contarase con medidas reais sobre a estrutura vertical da atmosfera, cuxo coñecemento é fundamental, por exemplo, á hora de deseñar a mellor estratexia para a extinción dun incendio forestal.
Ademais, a aplicación de técnicas de intelixencia artificial permitirá o cruzamento de datos co que se obterá máis información sobre o comportamento de fenómenos como vagas de calor, inundacións, períodos de seca, etc. e, polo tanto, permitirá mellorar o sistema de alertas temperás. Tal e como explicou a conselleira, cando se produza algún fenómeno adverso estaremos en mellores condicións para actuar e adiantarnos á súa evolución.
A maiores, porase en marcha un espazo web no que se aglutinará toda a información meteorolóxica útil neste eido como datos de observación e modelos preditivos para mellorar a comunicación e a capacidade da cidadanía para acceder aos datos e interpretalos.
Cómpre lembrar que o pasado verán xa se actualizou a información pública sobre o índice de risco diario de incendios (IRDI), que pasou a incluír unha predición a tres días en vez de a un só, como se facía con anterioridade. Tamén se delimitaron os datos por concello, establecendo o mesmo nivel de risco en todo o municipio, evitando así posibles confusións e mellorando o sistema de predición.
O obxectivo do Goberno galego é avanzar nas alertas temperás de fenómenos derivados do cambio climático, afondar no coñecemento dos mesmos e sensibilizar e capacitar á cidadanía e ás administracións locais para responder de xeito axeitado ante estas situacións.

R.