Notas
-
Xeshostal está dispoñible no CDTIC Virtual, un servizo permite ás empresas a posibilidade de analizar e probar solucións empresarias libres que están aloxadas na nube. Trátase dunha ferramenta pioneira, creada pola Axencia de Turismo, para mellorar a xestión dos pequenos aloxamentos turísticos. A asistencia á xornada é de balde, previa inscrición na páxina web do CDTIC https://cdtic.xunta.es/.
-
Presentación da web Asocialugo e obradoiro formativo de redes sociais e e-administración para asociacións: o corazón dos lucenses.
-
AGEe vén de rexistrar unha pregunta á Comisión Europea argumentando vulneración de acordos comunitarios como a CELM1 ou a Carta de DDDFF2. Denuncia que agregadores de noticias sen ánimo de lucro, como Chuza.org, corren o risco de desaparecer por intereses privados.
-
www.fegamp.gal reordena os seus contidos e será un instrumento cun triple obxectivo: achegar aos cidadáns a realidade das administracións locais e pronviciais, dacordo co principio da transparencia, facilitar o labor dos cargos e empregados públicos, e ofrece a reutilización de datos para os usuarios e medios de comunicación.
-
A estratexia tecnolóxica do Goberno galego afonda na transformación de sectores tradicionais e na prestación de servizos intelixentes con impacto en todo territorio, facilitando a súa reutilización, coa fin de acadar unha Galicia conectada. Clausurouse o Foro Smart City: Santiago Cidade Intelixente.
-
Destácase en Fitur 2015 o Plan Smart Turismo para impulsar a modernización e a competitividade do sector a través das TIC. Un dos piares deste Plan é o proxecto "Smart Camiño", un bo exemplo de acción baseada no fomento do talento e o aproveitamento das novas tecnoloxías.
-
A nova páxina web mellora a accesibilidade desde dispositivos móbiles desde os que se poden presentar queixas, solicitar visitas á sede do Valedor e recibir información institucional. O portal mellora o acceso a todos os contidos, incorpora novas seccións multimedia e reúne as principais recomendacións emitidas polo defensor.
-
O parque móbil e de maquinaria da Deputación de Ourense conta con 101 traballadores e cunha flota de 256 vehículos (lixeiros, de transporte-elevación e maquinaria).
-
A través dun convenio de colaboración entre Amtega, Educación e a multinacional TIC Everis, realizarase un estudo, mendiante unha enquisa anónima online nos centros educativos, entre alumnos de secundaria e Bacharelato para coñecer a situación das vocacións tecnolóxicas en Galicia. Só o 9% dos estudantes universitarios galegos están matriculados en carreiras científico-tecnolóxicas.
-
A mostra pode visitarse na Casa da Cultura de Monforte de Lemos (Lugo) durante a última semana de xaneiro de 2015, entre as 9 e as 13.30h, e de 16 a 21 horas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- …
- seguinte ›
- última »