Notas
-
Coñecer os actuais procesos de selección nos medios dixitais e como os empregan os recrutadores de emprego para formar parte dos cadros de persoal das empresas é o principal obxectivo do curso gratuíto que o martes 19 de abril está previsto no Salón de Graos da Facultade de Relacións Laborais de Santiago de Compostela ás 16.30 horas.
-
Educación e os enxeñeiros informáticos renovan a súa colaboración en programas como Navega con RumboEducación e os enxeñeiros informáticos renovan a súa colaboración para iniciar ao alumnado no eido da programación e instruílo no uso seguro dos recursos tecnolóxicos. As iniciativas “Navega con Rumbo” e “Programación nas escolas” chegarán a preto de 200 colexios e institutos de toda Galicia.
-
Normalización Lingüística da Facultade de Humanidades convoca o I Concurso de microrrelatos en galego dirixido ao alumnado da USC. Os microrrelatos, dunha extensión máxima de 100 palabras, presentaranse no perfil de Facebook da Facultade de Humanidades ata o 1 de abril de 2016 xunto co cancelo #MicrorrelatosHumanidades2016.
-
A esta Biblioteca Dixital Galega pode accederse a través da páxina principal de www.galiciadigital.com, onde van aparecendo de xeito aleatorio todos os títulos incluidos ou que se vaian incorporando a esta publicación electrónica dentro desta plataforma en Internet.
-
Situm Technologies e MD.Use Innovative Solutions exhibiron o seu potencial nun dos maiores escaparates de tecnoloxía a nivel internacional.
-
Galicia deu pasos para que a súa cultura forme parte da sociedade en rede, pero non por iso ten cumpridos todos os retos. Os novos tempos da segunda demandan respostas renovadas para conquistar o futuro no ecosistema dixital. Esta mirada foi o epicentro do debate entre expertos no Consello da Cultura.
-
Presentouse unha nova edición de ‘Lingua de Namorar’, o concurso de mensaxes de amor dirixido á xuventude que ten como obxectivo principal dinamizar o uso do galego nas relacións persoais e nas comunicacións que se producen entre as mozas e os mozos nos diferentes sistemas de mensaxería instantánea.
-
Constituíuse de xeito oficial como cineclube o 13 de febreiro de 1966. Celebrábase aquel ano o centenario do nacemento de don Ramón María del Valle-Inclán e os fundadores decidiron poñerlle á nova entidade o nome do escritor galego. Julio Ulloa Vence foi o seu primeiro presidente.
-
Clausurou en Santiago este foro de innovación remarcando que os servizos públicos tradicionais “deben mudar en favor da imediatez e da sinxeleza a prol dos cidadáns, para que cada persoa leve no peto, no seu dispositivo móbil, a posibilidade de facer calquera tipo de xestión administrativa”.
-
A directora de Turismo de Galicia destacou que se trata dunha útil ferramenta de axuda tanto para o turista potencial que queira coñecer Galicia como para o viaxeiro que estea xa a visitar a nosa comunidade. Unha das vantaxes mais salientables desta nova aplicación permite que o usuario poida descubrir os recursos recursos que ten preto mediante a xeorreferenciación.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- …
- seguinte ›
- última »