Notas
-
Os cidadáns presentaron 11.000 procedementos por vía electrónica, o que representa un aforro para os usuarios de case 1 millón de euros. Son os datos presentados polo Goberno autonómico para xustificar o impulso á sede electrónica da Xunta que se simplificará e globalizará en 2015.
-
Os fogares galegos con estudantes maiores de 16 anos son os que máis contratan servizos de banga larga, según os datos do Observatorio da Sociedade da Información adscrito a Amtega que publica o estudo “Os mozos e as TIC”.
-
RuralSchoolCloud é o proxecto europeo no que escolas rurais galegas, xunto con outras de Dinamarca, Grecia, Italia, Macedonia e Reino Unido, traballan con ferramentas e metodoloxías na nube na mellora da calidade docente.
-
A Coruña acolle as xornadas Blogs de moda e comercio electrónico, nas que se destacou a importancia do sector téxtil como un dos maiores motores económicos de Galicia, e se puxo en valor o Plan estratéxico do Téxtil Visión 2020 do Goberno da Xunta para impulsar o sector.
-
Entre os meses de setembro e outubro celébrase unha nova edición do concurso Proxectos visibles con dúas categorías: sociedades laborais de recente creación e entidades de fóra da economía social con iniciativas sociais que fomenten valores.
-
O CPETIG en colaboración coa Amtega celebra o 26 de setembro en Santiago de Compostela unha xornada sobre os menores e o uso seguro das redes sociais onde se abordarán conceptos como o ciberbulling, grooming ou sexting. A sesión emitirase por videoconferencia nas 20 aulas CeMIT de Galicia.
-
O vicepresidente da Xunta reuniuse co director de Crecemento Intelixente e Sostible do Sur de Europa da CE, Raoul Prado, e destacou a necesidade de apostar pola modernicación administrativa para impulsar o crecemento económico e garantir un uso racional dos recursos.
-
GaliciaAberta.com en Facebook ten pasado o listón dos 5.000 adheridos, e son xa máis de 2.000 os que seguen a @galiciaaberta en Twitter. Estas mallas de ámbito mundial permiten á Administración galega contactar directamente cos galegos residentes no Exterior, como Arxentina.
-
La Fundación de Exposiciones y Congresos de A Estrada cuenta dentro de su programa de jornadas técnicas con la inestimable colaboración activa del CIS Madera quien, a través de personal técnico especialista de AIDIMA (Instituto Tecnológico del Mueble, Madera, Embalaje y Afines) de Valencia, impartirán una jornada técnica el jueves diecinueve de septiembre, de 11.45 a 13.00 horas en el Salón de Actos del propio recinto ferial.
-
Desde o pasado mes de xuño o blog XD, Xente Dixital, está a difundir dun xeito ameno e sinxelo as vantaxes que a tecnoloxía achega a vida cotiá. Xente Dixital é unha iniciativa da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) dirixida a todo o mundo e aberta á colaboración e as achegas dos internautas para informar, compartir coñecementos e consellos prácticos sobre a tecnoloxía
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- …
- seguinte ›
- última »