Notas
-
A Xunta de Galiicia inicia o deseño das prioridades para impulsar a Sociedade Dixital en Galicia no novo período comunitario 2014-2020. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Planificación e Fondos identificarán proxectos prioritarios que se financiarán con 140 millóns de euros.
-
Este dato implica un crecemento do 17% respecto ao ano 2010, e despréndese dos resultados da Enquisa ás Empresas sobre a Sociedade da Información 2012 elaborada polo OSIMGA, no que tamén destaca o aumento da banda larga móbil. Este crecemento sitúa a Galicia dez puntos por riba do Estado.
-
O programa "Aloxamentos conectados", do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo en colaboración coa Administración autonómica, apoia a incorporación de solucións tecnolóxicas en pemes hoteleiras e establecementos dedicados ao turismo rural na Comunidade galega.
-
A Consellería de Cultura e Educación ofrece un novo servizo electrónico de subscrición ás novidades culturais renovando o boletín informativo que inclúe unha axenda con propostas culturais nas catro provincias, a programación dos espazos dependentes da Xunta, bolsas e novidades en formación.
-
A entrevista televisiva do portavoz nacional de Alternativa Galega de Esquerda, Xosé Manuel Beiras, converteuse nunha das etiquetas máis usadas polos tuiteiros e tuiteiras de todo o Estado. Tamén causa furor a figuriña infantil de apenas seis centímetros de alto denominada "O Beiriñas".
-
Preséntase a “Guía práctica para a implantación do Fogar e o Edificio Dixital” como documento-marco de referencia para os sectores implicados no seu desenvolvemento. Galicia é a primeira Comunidade que tramitarunha Lei de Telecomunicacións que obrigará ao desenvolvemento do Fogar Dixital en vivendas de nova construción.
-
A ferramenta facilita o cálculo das tarifas eléctricas, comproba que os consumos de enerxía sexan coherentes, ou avisa aos concellos se pagan un recargo do 20% no prezo da factura por non estar no mercado libre.
-
Núñez Feijóo destaca que a entrada en funcionamento do Centro de Proceso de Datos Integral da Xunta, ubicado na Cidade da Cultura, suporá un aforro de tres millóns de euros anuais e garante o cumprimento da Axenda Dixital de Galicia.
-
É a última actuación prevista do Plan de Banda Larga para dotar de acceso a Internet ao 100% dos galegos, especialmente nas zonas con máis dificultades de cobertura. A Administración investirá máis de 1 millón de euros ata o 2014 na execución destas axudas. Darase un máximo de 500 euros condicionados á permanencia no servicio dun ano.
-
Nas grandes cidades os fogares con internet elévanse a preto do 68%, case 10 puntos por riba da media galega e converxendo xa coa media estatal pero nos concellos rurais de menos menos de 5.000 habitantes descende ao 43,3%. Máis do 90% dos mozos galegos de 16 a 34 anos usa internet, situándose por riba da media estatal.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- …
- seguinte ›
- última »