Notas
-
O Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia 2020, DigiTalent, estreará tres iniciativas en 2019 con accións divulgativas para reforzar a imaxe dos profesionais vinculados ás TIC, dinámicas de inmersión tecnolóxica e eventos para potenciar o talento en torno ás novas tendencias dixitais. En total o Plan sumará ata 33 actuacións, das cales 12 son lideradas integramente por empresas.
-
Arredor de 40 persoas, na súa maioría estudantes de doutoramento e investigadores en formación, participaron este venres no evento de emprendemento EIT Food Games, no marco do que se presentaron diversas iniciativas de iniciativas empresariais e innovación promovidas por EIT Food, Campus Terra e outras impulsadas desde o Clúster Alimentario de Galicia.
-
Os autónomos e empresas illadas en zonas do rural galego que estean interesados nas axudas para a dotación de banda larga ultrarrápida teñen un mes para poder realizar a súa solicitude. Os interesados poderán presentar solicitude de forma individual, e como novidade desta convocatoria tamén o poderán facer en agrupación de empresas.
-
A inauguración deste evento será presidida o venres polo alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro e conta co apoio do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña. CIBTC Coruña propón unha programación transversal con charlas, debates e talleres. A tecnoloxía Blockchain ou cadea de bloques defínese como unha base de datos sólida, distribuída, inviolable e criptográficamente segura.
-
Seth Benzell, investigador do MIT (Masssachusets Institute of Technology), dará unha conferencia no CiTIUS o próximo 14 de decembro na que abordará os cambios previstos sobre as forzas de traballo e a sociedade en xeral como consecuencia da automatización da economía e a transformación dixital, así como os seus efectos e os retos asociados á consolidación das novas tecnoloxías, como a Intelixencia Artificial.
-
Un total de 932 pacientes crónicos son monitorizados polo Servizo Galego de Saúde, sen necesidade de acudir ao seu centro de saúde, grazas á ferramenta tecnolóxica TELEA. Trátase dun proxecto de innovación que pon en contacto directo aos equipos de profesionais cos pacientes.
-
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar o Mapa de Demanda Temperá para deseñar unha plataforma de contidos interactivos para a Televisión de Galicia, que ofrecerá aos máis novos novas experiencias didácticas adaptadas aos hábitos de consumo actuais.
-
A Asociación PuntoGal acudirá por quinto ano consecutivo á Feira das Industrias Culturais, Culturgal, que se celebra entre os días 30 de novembro e 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Nesta ocasión, o dominio realizará un concurso sobre banda deseñada en colaboración con Kiko da Silva e presentará a súa colaboración en proxectos de localización de software en galego.
-
O Premio Nobel de Química en 2016, Jean Pierre-Sauvage, pronunciará este xoves 29 unha conferencia sobre máquinas moleculares en bioloxía e en química. Precisamente foi ese o traballo polo que conseguiu o premio da Academia xunto con Sir J. Fraser Stoddart e Ben Feringa, unha investigación que abriu o camiño para a revolución nanotecnolóxica.
-
Persoal investigador do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) –unidade de excelencia María de Maeztu na USC- e da Universidade de Salamanca conseguiron xerar raios X a través dunha nova tecnoloxía de aceleración de electróns por pulsos láser ultracurtos. Aínda que as enerxías alcanzadas son modestas, permiten estudar a súa aplicación en técnicas de radioterapia intraoperatoria ou en imaxe tomográfica en medicina.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- …
- seguinte ›
- última »