Notas
-
Dirixido a estudantes de 12 a 17 anos, Tecnólogo por un día, ofrece a posibilidade de experimentar en primeira persoa un día de traballo nunha empresa tecnolóxica. Desde hoxe e ata o próximo 8 de febreiro está aberto o prazo para que o persoal docente inscriba ao alumnado interesado en participar cumprimentando o formulario dispoñible no espazo web DigiTalent.
-
Noa Innova una empresa tecnológica fundada por tres socios en 2011 en Lugo, ha lanzado en enero de 2019 un proyecto global de formación digital <a href="https://noainnova.com/" target="_blank"><u>https://noainnova.com/</u></a> con una novedosa plataforma didáctica de “e learning” para España e Iberoamérica, demostrando que con Internet se pueden alcanzar objetivos globales en los que no existen fronteras.
-
A técnica, desenvolvida por un equipo dirixido polo investigador do CiMUS Marcos García Fuentes en colaboración co Instituto de Saúde Carlos III e a Universidade de Nottingham, está chamada a mellorar a situación dos enfermos con glioblastoma multiforme (GBM), o tumor cerebral máis común e letal, e cuxa taxa de supervivencia aos cinco anos é menor do 5%.
-
Investigadores da Universidade de Santiago lideran o traballo científico que a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) acaba de distinguir co Premio de Investigación Ernesto Viéitez 2018 e que propón o uso de nanopartículas para aplicar terapias diana capaces de frear a metástase do cancro de colon no fígado. O equipo da USC conta ademais coa colaboración de científicos vascos, franceses e alemáns.
-
Durante o ano 2018 rexistráronse 43.000 descargas das apps móbiles do Servizo Galego de Saúde, 16.000 descargas no sistema operativo IOS e 27.000 descargas a través de Android. A aplicación máis descargada é Saúde Móbil, que funciona como un portal de acceso ao catálogo dos principais servizos dixitais como a cita previa, E-Saúde, así como as redes e o resto de aplicacións.
-
O Concello de Ourense aprobou a proposta para o convenio de colaboración entre a Entidade Pública Empresarial Red.es e o Concello para o desenvolvemento do proxecto “Ourense: Capital Termal Intelixente”, que converterá á cidade en referente nacional no uso das novas tecnoloxías en materia turística.
-
LIGO é unha proxecto internacional que reúne un milleiro de científicos/as de 18 países dedicados ao estudo das ondas gravitacionais, oscilacións do espazo-tempo preditas por Albert Einstein hai máis de 100 anos e observadas por primeira vez en 2015.
-
A USC foi, xunto coas Universidades de Oxford ou Stanford, unha das dezaoito institucións científicas e académicas que participaron no primeiro curso mundial de microbioloxía de acceso aberto en liña a través de Twitter, unha iniciativa organizada polo grupo de Ensino e Difusión da Microbioloxía da Sociedade Española de Microbioloxía (SEM) coa colaboración da Federación de Sociedades Microbiolóxicas Europeas.
-
O Centro Demostrador TIC da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) amplía a súa listaxe de ferramentas informáticas no CDTIC Virtual coa inclusión de FacturaScripts. Esta nova solución do CDTIC Virtual está deseñada para axudar aos usuarios na planificación de recursos empresariais e na administración da relación cos clientes.
-
A substitución dos combustibles fósiles por novos combustibles procedentes de fontes renovables constitúe unha vella aspiración que a sociedade actual semella ter transformado nunha necesidade máis ou menos urxente de solucionar, xa por mor de cuestións ambientais, xa pola limitación das reservas dos combustibles fósiles, que teñen unha incidencia directa nas emisións do dióxido de carbono.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- …
- seguinte ›
- última »