Notas
-
Galicia contará co primeiro Curso de Especialista Universitario en 5G, grazas a un convenio asinado pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, o reitor da Universidade de Vigo, e o director-xerente de Retegal. O programa formativo, enmarcado no Plan Galicia 5G, está orientado a ofrecer diferentes perfís profesionais do sector tecnolóxico capacitación especializada e adaptada ás necesidades derivadas da futura extensión da tecnoloxía 5G.
-
En 2018 asináronse dixitalmente preto de 900.000 documentos nos xulgados galegos, unha cifra cinco veces superior á rexistrada o ano anterior. A extensión da sinatura dixital e a súa integración con Minerva son parte das medidas para a implantación do Expediente Xudicial Electrónico en Galicia, que están a levar a cabo a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en colaboración cos profesionais do ámbito xudicial galego.
-
Noventa dos noventa e tres concellos da provincia da Coruña xa realizan os seus procesos de licitación e contratación de xeito íntegramente electrónico, tal como esixe a Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público. Así o anunciou hoxe o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, que deu a coñecer os primeiros resultados do Plan de Implantación da Licitación Electrónica (PIL).
-
A sexta edición da aceleradora ViaGalicia vén de convocarse coa apertura do prazo de inscrición dos proxectos. Os emprendedores interesados en participar nesta iniciativa, que impulsan a Xunta e a Zona Franca de Vigo, poden presentar a súa solicitude desde hoxe e ata o próximo 1 de abril. Nesta edición valoraranse os plans de negocio que demostren maior fortaleza no seu sector e maior capacidade para xerar emprego e riqueza no territorio galego
-
O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organiza a terceira edición de #MesD, unha iniciativa que concentra durante un mes diferentes sesións formativas destinadas ás empresas, emprendedores e autónomos e dedicadas a un tema concreto. En marzo, #MesD centrarase nas redes sociais con catro seminarios sobre Instagram, LinkedIn, Facebook e Twitter.
-
Prsentouse en Santiago de Compostela a nova aceleradora Business Factory Auto (BFAero), o programa de apoio ao emprendemento innovador neste sector que prevé o maior investimento en Europa. Búscase completar a cadea de valor do sector en Galicia, gañar tamaño e continuar posicionando a Comunidade no escenario internacional cun sector de alto compoñente tecnolóxico e gran potencial de futuro.
-
A Amtega en colaboración coas empresas do sector tecnolóxico pon en marcha cinco novas actividades do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia 2020, DigiTalent. Nos primeiros meses do ano, cobran especial relevancia as iniciativas orientadas á infancia e adolescencia para o impulso das vocacións científico-tecnolóxicas, que se suman a outras xa en marcha. Así a semana pasada a Amtega abriu o prazo de inscricións da segunda edición programa Tecnólogo por un día.
-
O proxecto Sistema de Servizos Integrados (SSI) ou Buque sen cables, no que participan a empresa Navantia e a Universidade da Coruña, permitirá reducir o volume de cables nun buque, ao mesmo tempo que permitirá incorporar as tecnoloxías 4.0, e é compatible co xa instalado nas fragatas F-100 e previsiblemente tamén se implementará nas novas fragatas F-110 da Armada Española, sempre que o permitan os resultados tecnolóxicos e temporais.
-
O programa PEL-Concello Dixital permitirá a contratación de técnicos especialistas que darán soporte in situ e acelerarán a implantación da e-administración nos 82 concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes. A través desta iniciativa a Deputación da Coruña fomenta a creación de emprego, a formación e a cualificación do persoal da administración local.
-
Dirixido a estudantes de 12 a 17 anos, Tecnólogo por un día, ofrece a posibilidade de experimentar en primeira persoa un día de traballo nunha empresa tecnolóxica. Desde hoxe e ata o próximo 8 de febreiro está aberto o prazo para que o persoal docente inscriba ao alumnado interesado en participar cumprimentando o formulario dispoñible no espazo web DigiTalent.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- …
- seguinte ›
- última »