Notas
-
A Fonsagrada converteuse por un día na capital do lecer ecolóxico coas actividades lúdico medio ambientais que o programa Lugoteando da Deputación levou a esta vila. O organismo lugués, que aposta polo ocio medioambiental como oportunidade económica da provincia, logrou atraer a ducias de persoas de tódalas idades na xornada celebrada este sábado na Praza do Museo fonsagradina.
-
A rede 'Ourense WiFi', posta en marcha polo Concello de Ourense en decembro de 2010, superou durante o mes de xullo os 10.000 usuarios únicos rexistrados, acadando a cifra de 10.113 -dos que 452 se rexistraron durante o mes pasado-.
-
A Xunta está a empregar esta solución de software libre en dúas das iniciativas tecnolóxicas de maior calado, o Proxecto educativo Abalar e a Rede de aulas CeMIT. A Conferencia Guadec 2012 aborda os principais avances deste software de escritorio libre.
-
A ferramenta consiste nunha aplicación de xestión de pequenos establecementos hoteleiros e para compartir datos estatísticos, que foi deseñada polo Instituto de Estudos Turísticos de Galicia e é gratuíta.
-
A nova web ofrece permite á cidadanía trasladar en tempo real cuestións sobre temas de saúde non urxentes aos profesionais sanitarios do 061 como a evolución dunha enfermidade, unha opinión sobre a orientación dun caso, asesoría sobre problemas de saúde non urxentes ou temas sanitarios.
-
Trátase dun novo servicio web de Gabinete de Orientación Familiar Virtual a través de www.familiasgalegas.org que proporciona, de xeito gratuíto, información e asesoramento sobre recursos e programas destinados ás familias galegas.
-
O premio, que foi creado hai cinco anos pola empresa galega Igalia, ten unha contía económica de 2.300 euros a repartir en 3 categorías. Desde a Amtega búscase darlle un novo pulo á convocatoria integrando nel aos distintos axentes do sector do software libre galego.
-
Acadar o 100% de cobertura de internet en Galicia é o principal obxectivo do Plan de Banda Larga. Declárase a incidencia municipal do Plan Sectorial de Retegal para executar entre 2012 e 2013. Destaca que en 2012 está en “pleno desenvolvemento” o Plan de Banda Larga, que xa facilitou o acceso a internet de 300.000 galegos dos case 800.000 que non o tiñan.
-
O Centro Dramático Galego, o Theatro Circo de Braga e a entidade Turismo do Porto e Norte de Portugal, xunto coa Consellería de Cultura da Xunta, promoven unha nova plataforma de difusión de actividades entre Galicia e o norte de Portugal.
-
Doce empresas traballarán en conxunto para aumentar a súa competitividade, nunha iniciativa pioneira en Galicia. Xunto coa participación de Eganet no Programa B2C de Red.es, este consorcio afianza a aposta da asociación polo e-commerce.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- …
- seguinte ›
- última »