Notas
-
Un total de 67 empresas, concellos, asociacións e organismos públcos se suman ao programa de Voluntariado Dixital da Xunta. O obxectivo é incorporar as novas tecnoloxías á vida cotiá dos colectivos de maiores e persoas con discapacidade, e conta xa co apoio de preto de 200 voluntarios dixitais.
-
Segundo os datos da Enquisa do INE “Uso de TIC e comercio electrónico 2011/2012, analizados polo Osimga, as empresas galegas de máis de 10 empregados superan a media estatal de dispoñibilidade de ordenador, conexión a internet, telefonía móbil e correo electrónico.
-
A organización xuvenil realizará esta petición a través dunha misiva que será enviada a Dick Costolo e poñerá centos de mozos a disposición de Twitter para lograr o seu obxectivo.
-
A Asociación puntoGAL xa remitiu a candidatura dun dominio de primeiro nivel para a lingua e a culturas galegas á ICANN, a corporación internacional que goberna as direccións de Internet. puntoGAL presentou a candidatura nun acto en Santiago no que participaron gran parte dos seus socios, e do Goberno Galego.
-
O xurado do concurso ‘Lingua de namorar’ elixiu as mensaxes gañadoras de entre as cen máis votadas polos usuarios e usuarias en cada unha das categorías de idade.
-
O presidente da Xunta cualifica o proxecto de Fogar Dixital Asistencial como un proxecto tecnolóxico “de extraordinaria importancia social”, que supón dar máis sanidade a un custe menor; “un proxecto co que Galicia se adianta ao resto das comunidades”.
-
O autobús itinerante mostra de forma práctica e gratuíta as utilidades de Internet para as xestións da vida cotiá. A iniciativa forma parte das accións complementarias do Plan de Banda Longa da Xunta de Galicia.
-
Actuará como nodo de interoperabilidade, que permitirá ao cidadán non ter que presentar documentos ca mesma información en distintas Administracións. Con esta medida redúcense tempos, custos e axilízase a xestión dos procedementos.
-
O CDTIC fará balance do seu primeiro ano de funcionamento nunha xornada de boas prácticas e pon enriba da mesa un dato: acolleu neste tempo a presentación de 40 solucións tecnolóxicas nas que participaron máis de 350 profesionais galegos.
-
O fogar dixital é aquel dotado de servizos avanzados tanto do ámbito asistencial como da seguridade ou a eficiencia enerxética e que son posibles grazas á utilización das novas tecnoloxías. Constitúe unha panca importante para o aumento da calidade de vida da cidadanía e o achegamento dos servizos públicos ao fogar.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- …
- seguinte ›
- última »