Notas
-
Todas as actuacións a partir de 2012 se integrarán nunha “estratexia única, que permita aliñar os esforzos de toda a Xunta a prol do desenvolvemento e crecemento do sector TIC en Galicia”, según o presidente do Goberno galego que adianta a implantación dunha factoría de emprendedores TIC.
-
A xornada Letras Galegas e Internet acolleu a presentación das principais novidades en tecnoloxías da fala e da información e da comunicación en galego como ecursos para a corrección e a tradución de textos, dicionarios, formación en liña e programas informáticos.
-
Coincidindo coas Letras Galegas, celébrase o Día de Internet como xornada destinada a difundir as posibilidades que brinda a Rede ás tecnoloxías da información e das comunicación, e tamén a lembrar os retos que aínda quedan por afrontar nun ámbito que xera de forma directa ou indirecta 23.400 millóns do PIB anual e contribúe á transformación da sociedade.
-
Universidad 2.0. En busca da Innovación Educativa é o lema da conferencia na que se dan cita os especialistas co obxecto de compartir experiencias, inquietudes e definir a aplicación das TIC no escenario da educación superior, de xeito particular no uso de contidos e plataformas dixitais.
-
Lara Méndez presentou o evento de clausura da carpa @, que se celebrará na Praza de Augas Férreas e incluirá actividades gratuítas de formación, divulgativas e lúdicas o 17 de maio en horario continuado de 11 da mañá a 11 da noite.
-
A aula de formación itinerante do programa Innova-TE ensina ós cidadáns dun xeito directo e ameno como pode facer trámites administrativos a través de internet e somérxeos nas novas tecnoloxías.
-
Pergameo permite aos lectores acceder vía internet a unha gran variedade de libros pertencentes a todas aquelas editoriais, institucións ou organizacións culturais e académicas que desexen participar no proxecto.
-
A Xunta presenta o proxecto “Computación na nube”, do CRA de Boqueixón-Vedra, escollido por HP como unha das tres mellores iniciativas do mundo. O conselleiro de Educación destacou a importancia desta iniciativa de comunidade virtual para combater a dispersión no ensino no rural.
-
A secretaría xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia bota a andar os cursos Celga 1 en liña de 2011, preparatorios para as probas de certificación de coñecemento de lingua galega entre a poboación adulta.
-
A Illa de San Simón acolle o encontro #Nethinking centrado na revolución de internet e os seus efectos nos modos de comunicación. Reúne a comunicadores expertos en redes sociais e rostros coñecidos como Eva Hache. www.illadesansimon.org retransmite o evento.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- …
- seguinte ›
- última »