Notas
-
O Teatro Municipal de Tui vai ser pioneiro en Galicia na venda de entradas por internet nunha web propia (www.culturatui.info), ao ser o primeiro teatro público que pon en marcha este sistema de xeito directo e que irá ampliando información sobre os espectáculos culturais.
-
Asistiron ao acto celebrado na Casa de Galicia en Madrid os actores Martin Sheen e Emilio Estévez, descendentes de galegos de Salceda de Caselas. A presidenta de AISGE, Pilar Bardem, actuou como anfitriona dos asistentes entre os que figuraban Luis Tosar, Maria Pujalte e Camila Bossa.
-
O cineclube do audiovisual galego, unha plataforma da Axencia Audiovisual Galega, adícalle un ciclo ao director pontevedrés Mario Iglesias cunha selección dos seus filmes. Preséntase na rede, en alta definición, o filme Cartas Italaianas rodada en quince días no verán de 2007.
-
As novas convocatorias de axuda dirixidas a empresas e entidades sen fin de lucro para a extensión do uso das tecnoloxías da información e da comunicación aumentan un 46% sobre o ano pasado.
-
Presentouse o sistema operativo Galinux: unha iniciativa desenvolvida por Mancomún, o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia, en colaboración coa comunidade galega de software libreá que se achegan 2,3 millóns de euros entre 2008 e 2009.
-
A Rede Neurona está formada por 17 plataformas tecnolóxicas sectoriais e agrupa a máis de mil empresas dos principais sectores da economía galega. Enténdese como un exemplo na implantación da innovación exportable a outras rexións.
-
A empresa Imaxin Software, en colaboración con I+D+i da Xunta, desenvolveu o Opentrad, prototipo do primeiro tradutor automático que incorpora o inglés a súa ferramenta de tradución automática en software libre que xa dispón de 26 pares de idiomas.
-
A Consellaría dirixida polo nacionalista Fernando Blanco apoia a posta en marcha de 80 proxectos presentados por un total de 75 concellos galegos.
-
A gañadora en 2006 do equivalente ao Nobel das Ciencias da Computación participa esta semana no Programa ConCiencia.
-
O contrato da modernización administrativa adxudicouselle á empresa Informática El Corte Inglés que oferta a plataforma eSIGEM utilizada pola Deputación provincial e por outros concellos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- …
- seguinte ›
- última »