Novas
-
Galicia recibirá só o 0,5% dos 4.000 millóns do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para reforzar a conectividade e destinaranse a catro actuacións definidas polo Estado para todas as comunidades autónomas. O reparto de fondos publicouse hoxe no Boletín Oficial do Estado en catro reais decretos para a concesión directa ás comunidades autónomas das axudas para a para a conectividade dixital no marco deste plan. Segundo recolle o BOE o Estado destinará ás comunidades só un 9% dos máis de 4.000 millóns de euros do Plan. Ademais de tratarse dun importe mínimo, hai que ter en conta que estes fondos só se poderán empregar para a posta en marcha das actuacións xa predefinidas polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.
-
Galicia crece en todos os indicadores de uso das TIC e reduce a distancia coa media estatal. Destaca especialmente o crecemento de uso e contratación entre os colectivos de persoas de máis idade e nos municipios de menos habitantes. Segundo os datos publicados hoxe polo INE sobre o equipamento e uso das TIC nos fogares en 2021, o 90,2% dos galegos usa internet, rexistrando a menor diferencia coa media estatal do rexistro histórico. Por idades o 100% dos galegos de 16 a 34 anos empregan internet, por riba da media estatal, e o crecemento máis importante rexistrouse no tramo de idade de 65 a 75 anos cun 21% fronte ao 5,2% de crecemento estatal.
-
A transformación dixital está a mudar a configuración do persoal do tecido produtivo galego. Este ano un 13,6% das empresas galegas de 10 ou máis empregados conta con perfís TIC entre os seus traballadores e un 9% contratou ou tentou contratar un especialista do ámbito tecnolóxico no último ano. A pesar de que aínda son porcentaxes baixas polo carácter emerxente destas tecnoloxías, Galicia ocupa a segunda posición entre as comunidades que contratan perfís especialistas en Intelixencia Artificial e o noveno posto en Ciberseguridade. Os datos tamén reflicten o impacto da Covid-19 na adopción do teletraballo. Así o 45,3% das empresas de máis de 10 empregados afirma contar con persoal que teletraballa.
-
A conferencia Fondos Europeos: Miño e Galicia, organizada pola Confederación empresarial da Rexión do Miño, (ConfMinho), celebrada hoxe en Braga amosou que os empresarios e os axentes políticos de Galicia e o Norte de Portugal están decididos a aproveitar ao máximo, e en total sintonía, as oportunidades que ofrece para a Eurorrexión o novo marco financeiro plurianual 2021-2027. En concreto, os relatores apostaron polo tren de alta velocidade e a transición dixital, se ben coincidiron tamén á hora de pedir unha maior cohesión territorial na Eurorrexión.
-
O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou na rolda de prensa do Consello a activación dun 4º Plan de rescate cos 134 M€ sobrantes da convocatoria anterior, que recollerá as últimas modificacións introducidas polo Goberno central co obxectivo de que os cartos cheguen a quen máis o precisa. A este respecto, Feijóo explicou que foron os problemas burocráticos derivados dos requisitos impostos polo Goberno no reparto das axudas do 3º Plan de rescate os impediron que esa cantidade fose distribuída.
-
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe unha achega de 11,6 millóns de euros para poñer en marcha a primeira fase do Polo de Tecnoloxías Cuánticas con aplicacións na medicina, biotecnoloxía, aeronáutica ou telecomunicacións. Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo subliñou que esTENOta primeira fase permitirá despregar as infraestruturas necesarias, do polo, como: un simulador e un computador cuántico; un sistema de computación de altas prestacións; e un sistema de almacenamento exclusivo para computación cuántica que estará no Centro de Datos do Cesga.
-
O Polo Aeroespacial de Galicia é un dos proxectos tractores que recolle a candidatura galega aos fondos europeos Next Generation, que podería chegar a mobilizar 540M€. De feito, é xustamente co Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) con quen a Xunta ten aberta neste momento a licitación para dotar as instalacións de Rozas dun entorno de simulación avanzado de xestión do tráfico aéreo. A Axencia Galega de Innovación (Gain) xa recibiu un total de dez propostas para ser novos socios estratéxicos do Polo Aeroespacial de Galicia durante os vindeiros cinco anos.
-
Alberto Núñez Feijóo avanzou que a Estratexia Educación Dixital 2030, que contará cun investimento de 120 millóns de euros para os primeiros tres anos de aplicación, permitirá acadar un ecosistema educativo de alto rendemento e a transformación nas aulas. Esta iniciativa estará sustentada no desenvolvemento dun ecosistema educativo dixital de alto rendemento e no perfeccionamento de competencias para acadar unha verdadeira transformación dixital.
-
Máis dun millón de likes en stories, vídeos e publicacións, máis de 800.000 reproducións dos clips de vídeo que foron subindo ás súas redes, máis de 300 stories cunha media de alcance superior ás 270.000 persoas entre os catro instagrammers, máis de 3.000 comentarios,… son algunhas das cifras que suma a iniciativa Instagrammers no Camiño, que tivo continuidade nas redes sociais despois de que os catro protagonistas remataran a súa experiencia, que os levou entre o 8 e o 11 de xullo polo Camiño Portugués.
-
A Axenda Dixital Galicia 2020 logrou os seus obxectivos dunha maior dixitalización da sociedade, un maior impacto socio económico e a creación de oportunidades. Neste sentido, en todo o período 2015-2020 a interacción das persoas de Galicia coa Administración por medios electrónicos foi superior á media de España e da Unión Europea. As xestións en liña representan xa o 78 % das interaccións coas administracións en Galicia. Rexistrouse tamén un incremento significativo no uso das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC), sobre todo nos grupos de maior idade. A evolución das persoas que declara ter usado internet nos últimos 3 meses foi tamén superior á media estatal e europea.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »