Novas
-
O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o presidente do Clúster TIC de Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, presentaron nunha rolda de prensa na que participaron o Delegado Territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, e a alcaldesa da cidade, Inés Rey, as bases da licitación do plan director da Cidade das TIC e do proxecto construtivo do Centro de Servizos Avanzados, o primeiro dos edificios que se porán en marcha. O reitor presentou ademais a páxina web específica do proxecto, que ofrece toda a información da Cidade das TIC e do seu desenvolvemento.
-
O 88,1% dos fogares galegos ten un servizo de Internet contratado, segundo se recolle no estudo A Sociedade da Información nos fogares galegos. Edición 2019. Esta porcentaxe supón un incremento dun 11,9% respecto ao ano 2016. No mesmo período, Galicia presenta un ascenso superior ao observado a nivel europeo (5,9%) e moi semellante ao crecemento da media estatal (11,6%). Cómpre destacar como a convivencia con nenos eleva, considerablemente, a porcentaxe de contratación de Internet. O 99% dos fogares con nenos e nenas en idade escolar obrigatoria teñen Internet contratado mentres que nos fogares sen menores de 6 a 16 anos a porcentaxe descende ata o 84,7%.
-
Galicia suma un novo piloto 5G que permitirá desenvolver 14 casos de uso con esta tecnoloxía na Comunidade. O Ministerio de Economía e Transformación Dixital publicou este mes de agosto a resolución da adxudicación da segunda convocatoria de axudas para probar esta tecnoloxía que outorga ao operador Orange unha axuda pública de 9 millóns de euros para realizar un piloto 5G que abrangue 14 casos de uso destas redes sen fíos. Trátase do segundo proxecto de maior importe dos oito concedidos en España nesta nova convocatoria.
-
Por primeira vez no seu medio século de historia, a Conferencia Europea en Intelixencia Artificial, un dos congresos científicos máis importantes do mundo no seu ámbito, desenvólvese como un evento dixital e en aberto. O encontro, organizado pola USC a través do seu Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), conta con miles de asistentes dos cinco continentes. En total, serán máis de 300 horas de contidos entre o 29 de agosto e o 8 de setembro. O principal foro europeo sobre investigación en Intelixencia Artificial (IA) celebrarase por primeira vez como un evento completamente dixital, pero coa cidade de Santiago como pano de fondo.
-
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, comunicoulle está mañá ao Ministro de Sanidade, Salvador Illa, a vontade de Galicia para adherirse á aplicación de rastrexo “Radar Covid” que desenvolve o Goberno central. O responsable galego de Sanidade apuntou que a aplicación de rastrexo estatal engadirase ao sistema “Passcovid”, que neste intres está a testear na súa fase piloto a Xunta de Galicia, e que será completamente interoperable coa app estatal. Por medio dunha carta, o titular do departamento sanitario da Xunta Galicia, trasladoulle ao Ministro de Sanidade que a comunidade galega sumarase ao novo sistema de rastrexo e control a covid-19 -Radar Covid-, que vén desenvolvendo nos últimos meses o goberno de España.
-
Durante 2019 o número de mulleres traballadoras no Hipersector TIC, integrado polos sectores tecnolóxico e de contidos, foi de 8.119, un 33,4% dos empregados no sector. Dentro do hipersector, o sector contidos é o ámbito no que as mulleres contan cunha maior representación, un 41,5%, mentres que no sector TIC a porcentaxe é do 31,1%. Desagregando o Sector TIC as actividades relacionadas coas telecomunicacións son as que contan cunha maior porcentaxe de mulleres cun 38,9%; en segundo lugar atoparíanse as empresas dedicadas ás Actividades Informáticas, cun 30,4%.
-
A previsión é poñer en marcha o Nodo de Ciberseguridade de Galicia, CIBER.gal, á volta do verán, unha vez que a Xunta xa asinou o convenio co Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe), o Centro Criptolóxico Nacional (CCN), a Fegamp e as catro deputacións provinciais. Coa creación de CIBER.gal, ponse en marcha un modelo de cooperación que, de forma conxunta con outros axentes públicos e privados, impulse a concienciación e a formación de cidadáns e empresas en materia de ciberseguridade; que dea resposta coordinada a retos complexos; que promova a xeración, atracción e retención de talento especializado, e que contribúa ao posicionamento de Galicia neste ámbito a nivel estatal e europeo.
-
A previsión é poñer en marcha o Nodo de Ciberseguridade de Galicia, CIBER.gal, á volta do verán, unha vez que a Xunta xa asinou o convenio co Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe), o Centro Criptolóxico Nacional (CCN), a Fegamp e as catro deputacións provinciais. Coa creación de CIBER.gal, ponse en marcha un modelo de cooperación que, de forma conxunta con outros axentes públicos e privados, impulse a concienciación e a formación de cidadáns e empresas en materia de ciberseguridade; que dea resposta coordinada a retos complexos; que promova a xeración, atracción e retención de talento especializado, e que contribúa ao posicionamento de Galicia neste ámbito a nivel estatal e europeo.
-
Os galegos poderán autorizar a unha terceira persoa ou a un funcionario público a realizar trámites dixitais en nome doutra persoa no último trimestre do ano. A articulación desta fórmula recóllese no Decreto que regulará o Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos da Comunidade e cuxo prazo de exposición pública acaba de abrirse. É un dos pasos previos para a súa a aprobación no último trimestre do ano, no que se prevé que estea operativo. O Rexistro é un instrumento que facilita aos cidadáns a acreditación, ante os órganos do sector público de Galicia, dos apoderamentos que vai conceder para que realicen as xestións online coa Xunta no seu nome.
-
O presidente do Goberno galego en funcións, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que Galicia iniciará no mes de agosto unha experiencia piloto nun grupo pechado de persoas a través da nova aplicación para o móbil ‘PassCOVID’. En base aos datos do Servizo Galego de Saúde, esta aplicación permitirá identificar o nivel de risco transmisor da persoa usuaria fronte á covid-19 e facilitar a xeración de alertas aos contactos indicados por esta no caso de dar positivo nunha proba PCR. Logo de testar este novo sistema en agosto, Feijóo sinalou que en setembro se valorará a posibilidade de implementalo para que tanto os residentes en Galicia como os viaxeiros poidan descargala nos seus dispositivos móbiles. No caso de que se chegue a implementar, precisou que PassCOVID será sometida a consideración do Consello interterritorial de Saúde.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »