Saltar ao conido principal
Webs Galicia | Directorio de Webs en Galicia logo
  • Directorio
  • Ranking Galicia
  • Alta de nova web
  • Destacar a miña web
  • Aumentar visibilidade en Internet
Inicio

Novas

  • Galicia ocupa a sexta posición estatal no uso de software libre entre as pemes e as grandes empresas
    A maioría das empresas galegas empregan software libre, case nove de cada dez empresas de 10 ou máis traballadores con sede en Galicia (85,2%) o empregan. Nas empresas de menos de 10 empregados chega ao 66,4%, cun crecemento do 10,7% no período 2018-2021, fronte ao 3,9% que medrou a media estatal, reducíndose a distancia de 4,8 puntos porcentuais no 2018 a 0,9 puntos porcentuais no 2021. Son parte dos resultados da análise da presenza do software libre nas empresas galegas elaborada polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia.
  • A segunda edición do Encontro Galego de Ciberseguridade terá lugar os días 9 e 10 de novembro na Cidade da Cultura
    Os día 9 e 10 de novembro a Cidade da Cultura acollerá a segunda edición do Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal dirixido a empresas, cidadanía e administracións públicas. Durante dúas xornadas e a través de diferentes actividades e relatorios de expertos de referencia, abordarase o estado da ciberseguridade nas empresas, traballadores e cidadáns. A mañá da primeira xornada centrarase nos retos da ciberseguridade nas administracións públicas, abordando os avances da Xunta e do Goberno do Estado, as implicacións para este sector da nova normativa estatal, as liñas de colaboración e sinerxías entre administracións públicas e casos de éxito.
  • A porcentaxe de galegos con competencias dixitais básicas ou avanzadas crece máis dun 18% nun ano e supera o 61%
    O nivel de competencias dixitais entre a cidadanía galega continúa a súa evolución positiva. En 2021 aumentou nun 18,2% a poboación galega que dispón de como mínimo habilidades dixitais básicas, acadando o 61,6%. Entre os internautas, Galicia ocupa o sexto lugar entre as Comunidades Autónomas en competencias dixitais básicas ou avanzadas. Son parte dos resultados da análise de Competencias Dixitais elaborada polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia, adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, en base aos datos da Enquisa TIC nos fogares do ano 2021, realizada polo INE e que permite obter unha foto da situación actual das competencias dixitais en Galicia e un perfil sociodemográfico detallado.
  • Galicia impulsará unha candidatura única para acoller a Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial
    A Xunta confirmou hoxe ante os integrantes do Nodo Galego de Intelixencia Artificial (galicIA) a candidatura para que a nosa comunidade acolla a sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA). Neste senso, o Executivo autonómico traballará para consensuar unha única candidatura que permita maximizar as posibilidades de contar con este organismo de nova creación. Esta confirmación prodúcese tras a decisión do Consello de Ministros de onte martes de iniciar o procedemento para a designación da sede física da AESIA.
  • A economía galega medrou no segundo trimestre do ano 2022 un 4,4%
    A economía galega medrou no segundo trimestre do ano 2022 un 4,4% en relación ao mesmo trimestre do ano anterior. O instituto Galego de Estatística (IGE) publica hoxe os datos de contabilidade trimestral referentes ao segundo trimestre deste exercicio. En canto á evolución intertrimestral, o PIB autonómico medrou un 1,1%. Desde o punto de vista da demanda, neste segundo trimestre o gasto en consumo final dos fogares e ISFLSF medrou no último ano un 1,8% e as exportacións de bens e servizos aumentaron un 7,3%. No que respecta á oferta, en termos anuais, os servizos medraron un 6,5%, cun maior incremento no apartado de comercio, transporte e hostalería (+19,7%); e a industria manufactureira un 4,7%.
  • A Academia Makers estréase en Verín cun curso aberto a emprendedores
    Comeza o próximo 30 de agosto no Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Ourense Centro e Sur, un taller de competencias básicas de emprendemento para persoas de máis de 18 anos cunha idea de negocio que desexen desenvolver seguindo a filosofía maker. A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, presentaron esta actividade no curso dunha visita ás dependencias deste Polo situado en Verín, coa que o Goberno galego estrea o programa da Academia Makers que nace para impulsar a creación de empresas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
  • O DOG publica hoxe a convocatoria dos bonos dixitais para facilitar a contratación de banda longa a persoas vulnerables
    O DOG publica hoxe a convocatoria para iniciar o proceso de inscrición das entidades colaboradoras da iniciativa dos bonos dixitais, dirixido a operadores de telecomunicación e empresas que ofrezan servizos de internet. Unha vez que se publique no DOG o listado de entidades colaboradoras poderán solicitarse os bonos, que facilitarán a contratación de servizos de internet a persoas vulnerables, cun orzamento de 1,3 millóns de euros, que forman parte dos fondos que o Goberno de España transfire a Galicia no marco do compoñente 15 Galicia do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
  • Aberto o museo dixital para difundir e promocionar os proxectos premiados no certame Xuventude crea e o talento dos seus creadores
    A Xunta abre o museo dixital do programa Xuventude Crea para difundir e promocionar o talento da xuventude galega. A través da web www.museoxuventudecrea.gal pódese acceder ás obras premiadas nas distintas categorías deste certame de creación xuvenil, que recoñece a creatividade, a orixinalidade e o enxeño dos mozos galegos nun amplo abano de disciplinas. Así, este novo espazo difunde os traballos premiados ao longo do programa en todas as súas especialidades, 14 actualmente.
  • Galicia pecha xullo coa cifra de paro máis baixa de toda a serie histórica
    Galicia acadou no mes de xullo a cifra de paro máis baixa de toda a serie histórica (desde 1996) con 139.850 persoas desempregadas. O paro cae e as afiliacións aumentan tanto na evolución anual como mensual. Con respecto a xuño, o paro cae en Galicia (-0,77%), mentres que en España aumenta (+0,11%). De feito, a comunidade galega posiciónase como a cuarta rexión na que máis descende o desemprego tanto en termos relativos como en absolutos. Decreceu nun 0,77%, caendo en todos os sectores de actividade, excepto nos servizos. Liderou o descenso a agricultura e a pesca (-4,04%). O paro tamén baixou nos principais colectivos con máis dificultades para atopar un emprego, destacando o ritmo de caída entre os menores de 30 anos (-4,97%).
  • Galicia aproba un teito de gasto non financeiro para 2023 de 12.599 M€, o máis alto da historia da Comunidade
    A Xunta vén de aprobar un límite de gasto non financeiro da Comunidade Autónoma para o exercicio 2023 de 12.599 millóns de euros, o máis alto da historia da Administración autonómica, para atender as prioridades dos galegos. Concretamente, o teito aprobado hoxe no Consello extraordinario sitúase un 8,2 % por riba do orzamento do presente exercicio, o que permitirá elevar a capacidade financeira da Comunidade en 958 M€. Esa marxe adicional destinarase a desenvolver os eixes expostos no debate de investidura: traballo, familia e futuro. Galicia é a primeira comunidade autónoma que adopta esta decisión.
  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • …
  • seguinte ›
  • última »

Buscador

Webs Galegas

Últimas Webs Galegas

AVISO LEGAL | TEXTO PROTECCIÓN DATOS | NORMAS XERAIS | POLÍTICA COOKIES | CONTACTO
InternetGalicia.net - Galicia Digital
Eganet - Tus buscadores
Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información