Saltar ao conido principal
Webs Galicia | Directorio de Webs en Galicia logo
  • Directorio
  • Ranking Galicia
  • Alta de nova web
  • Destacar a miña web
  • Aumentar visibilidade en Internet
Inicio

Novas

  • O CiTIUS reforza o seu proceso de internacionalización coa coordinación do novo proxecto ELBA
    Chámase ELBA (‘Establishment of training and research centers and course development on Intelligent Big Data Analytics in Central Asia’), e durante o vindeiros tres anos contribuirá a mellorar a capacitación e formación de investigadores europeos e asiáticos no ámbito da análise de grandes cantidades de datos. O novo proxecto, que arrincou oficialmente hoxe coa reunión de lanzamento na ETSE (Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC), estará en vigor ata finais de 2022 e disporá dunha dotación orzamentaria próxima ao millón de euros (994.968€). Un consorcio liderado desde o CiTIUS polo investigador David E. Losada, que conta coa participación dos tamén investigadores do centro Paula López e Tomás Fernández Pena e o Servizo de Relacións Exteriores da USC (SRE).
  • Galicia presenta en Bruxelas a súa experiencia para facer fronte á transición dixital no marco da nova Estratexia Dixital Europea
    Galicia tivo presenza hoxe en Bruxelas na segunda reunión de CIVEX do novo mandato 2020-2025 do CdR. Dos catro debates celebrados, salienta o dedicado a como utilizar as novas ferramentas dixitais para mellorar os servizos públicos e achegar o proceso de toma de decisións o máis posible aos cidadáns. Este debate precede á elaboración dun ditame que será aprobado o próximo verán e encádrase na nova política dixital europea que vén de anunciar a Comisión Europea. Galicia presentou o camiño percorrido dende a adopción dunha primeira axenda dixital en 2010 ata a actual Axenda Dixital 2020, pasando pola aprobación da Lei da Administración Dixital de Galicia o ano pasado.
  • Un total de 94 concellos do rural adhírense á iniciativa autonómica de mellora da cobertura móbil
    Un total de 94 concellos do ámbito rural solicitaron a súa adhesión á iniciativa autonómica para mellorar as comunicacións móbiles no rural. Para participar no plan as entidades locais debían incluír na solicitude a cesión dun terreo adecuado para a instalación das infraestruturas de telecomunicación e o compromiso de abordar a acometida eléctrica. No primeiro semestre, a Administración autonómica, en colaboración co Colexio de Enxeñaría de Telecomunicacións de Galicia validará as zonas con deficiencias de cobertura trasladadas polos concellos e, conxuntamente con Retegal, visitarase e comprobarase a idoneidade das parcelas indicadas polas entidades locais, creando así un mapa de zonas de actuación.
  • A AMTEGA e o CPEIG centran a súa colaboración deste ano no fomento das vocacións tecnolóxicas e na formación especializada para profesionais TIC
    Para fomentar as vocacións STEM entre a mocidade galega, o CPEIG organizará un mínimo de 40 xornadas Tech Kids, programa que forma parte do Plan Digitalent da Amtega. As sesións terán lugar en diferentes localidades da xeografía galega con diversos talleres temáticos dirixidos á franxa de idade de 10 a 16 anos. Os rapaces e rapazas que participen poderán achegarse dun xeito lúdico ao desenvolvemento de aplicacións para dispositivos móbiles, ao deseño de videoxogos, á creación de contidos dixitais, á programación de drons ou á robótica. A través destas actividades, rapazas e rapaces investigarán e resolverán desafíos científicos da actualidade e aplicarán conceptos de matemáticas, ciencia e tecnoloxía na vida real.
  • O polifacético e visionario enxeñeiro Andrés Comerma protagoniza o Día da Ciencia 2020
    O enxeñeiro e arquitecto naval, farmacéutico, escritor e divulgador Andrés Comerma y Batalla será o homenaxeado este ano no Día da Ciencia en Galicia, a celebración promovida pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) para reivindicar a importancia da investigación a través das súas figuras máis destacadas e, en moitos casos, descoñecidas para o gran público. O carácter polifacético e visionario deste intelectual, xunto coas importantes achegas en termos de progreso e modernidade que o seu traballo supuxo para Galicia, foron os principais motivos da súa elección unánime por parte do pleno da RAGC. O acto académico de homenaxe terá lugar o 8 de outubro, pero a RAGC iniciará de inmediato os contactos con todas as institucións científicas vinculadas a Comerma.
  • O Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia desenvólvese a través de diversas actividades
    Unha masterclass de física de partículas, impulsada polo Instituto de Física de Altas Enerxías (IGFAE), serviu de punto de partida ao programa de actividades que a USC desenvolve co gallo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Con esta clase maxistral, achegouse ás alumnas de bacharelato o traballo das investigadoras do instituto, visibilizando así o labor científica levada a cabo por mulleres e fomentando as vocacións das nenas. Para comezar, o Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) acolleu, pola súa banda, a mesa redonda ‘Muller de ciencia’. Con todo, diferentes iniciativas nesta mesma liña iranse desenvolvendo ao longo de todo o mes de febreiro.
  • Celébrase o Día da Internet Segura con preto dun centenar de actividades na Rede Cemit durante o mes de febreiro
    A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Rede CeMIT súmanse un ano máis á celebración do o Día de Internet Segura, con preto dun centenar de actividades durante o mes de febreiro cunha duración de máis de 500 horas. Este ano a data celébrase baixo o lema “Unha Internet mellor comeza contigo: xuntos aprenderemos ciberseguridade”. A conmemoración desta xornada, que conta co apoio da Comisión Europea, ten a súa orixe no ano 2004 e, desde ese momento, mobiliza a millóns de persoas en todo o mundo para promover e debater sobre o correcto uso de Internet. Charlas, cursos e ciclos de seminarios online son algunhas das actividades ofertadas durante todo o mes.
  • Preto de 50 empresas amosan interese en participar no proxecto para dotar o Polo Aeroespacial de Galicia dun simulador de xestión de tráfico aéreo
    Tivo lugar hoxe a xornada técnica de presentación das instalacións e equipamentos do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR) ás preto de 50 empresas que amosaron interese na consulta preliminar ao mercado promovida polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) que ten por obxecto dotar dun simulador de xestión de tráfico aéreo U-Space ao Polo Aeroespacial de Galicia. Este proxecto dá continuidade ao Galician Skyway que desenvolve Boeing no Polo Aeroespacial de Galicia e que permitirá á Comunidade manterse na vangarda das solucións vinculadas aos vehículos aéreos non tripulados.
  • O Centro de Innovación Aerotransportada de Rozas (Lugo) contará cun simulador de xestión do tráfico aéreo
    A nova iniciativa no Polo Aeroespacial de Galicia, que se desenvolverá a través da colaboración do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), permitirá que as pemes galegas poidan desenvolver nova tecnoloxía e que Galicia siga á vangarda e siga sendo pioneira no desenvolvemento de tecnoloxías e infraestruturas vinculadas aos vehículos non tripulados. O futuro simulador permitirá dar un paso máis pensando no futuro e en abrir novas oportunidades ás pemes e centros tecnolóxicos, para que poidan participar nun novo programa e nova licitación que desenvolverá en Rozas un simulador que vai permitir xestionar o tráfico aéreo tripulado e non tripulado.
  • Galicia contará cunha Unidade Mixta de Investigación especializada na xestión do espazo aéreo de vehículos non tripulados
    Cun investimento de preto de 2,2 millóns de euros, AIRUS servirá para reforzar a aposta de Galicia polo sector aeroespacial que se materializa no Polo Aeroespacial de Galicia, cun investimento público-privado total de 164 millóns de euros e no que están a traballar 400 persoas en máis de 35 proxectos que están a desenvolver 50 axentes. Asemade, estase a traballar xa na continuidade da iniciativa a través dun novo proxecto que se presentará este venres no Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) en Madrid e que está vencellado co U-Space, o sistema de xestión do tráfico de vehículos non tripulados propio da Unión Europea.
  • « primeira
  • ‹ anterior
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

Buscador

Webs Galegas

Últimas Webs Galegas

AVISO LEGAL | TEXTO PROTECCIÓN DATOS | NORMAS XERAIS | POLÍTICA COOKIES | CONTACTO
InternetGalicia.net - Galicia Digital
Eganet - Tus buscadores
Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información